Mostrando entradas con la etiqueta reunión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reunión. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de mayo de 2013

10ª Reunión - Xente ao lonxe

Unha vez repartido o último libro de literatura galega "Xente ao lonxe" 
de Blanco Amor; pasamos a comentalo (o que nos levará dúas reunións)


Primeiro falamos de tres puntos a destacar;


  1. técnica cinematográfica en tres plans
    1. Plano panorámico de Aure
    2. Plano xeral: Aser e os máis achegados
    3. Primeiro plano : familia de Aser
  2. A obra consta dun prólogo útil que fala do interese por crear unha narrativa galega propia e digna.
  3. Existe un paralelismo histórico entre o período histórico da narración e o da escrita. Similitudes entre 1910-20 e 1970.

Seguiremos cos comentarios na seguinte reunión =)



¿leiches esta obra? e sobre Blanco Amor nesta obra ¿ pensas que conseguíu crear unha narrativa propia e digna? 

¡Cóntanos!


jueves, 25 de abril de 2013

9ª Reunión - Marcas de nacemento

Comezamos coa segunda parte do libro 
"Marcas de nacemento"


Iniciamos a reunión comparado os catro nenos de 6 anos de xeracións diferentes.

A novidade da narración é que está estructurada de diante para atrás, é dicir, comeza en California no ano 2004, segue en Nova York en 1982, logo en Toronto en 1960 e culmina en Munich en 1944, lugar onde se inicia realmente a primeira destas xeracións.


Nenas dos centros "Fontes de Vida". fotógrafo: Jot Down


Descóbrese aquí, no final, a verdadeira marca de nacemento, que é a que dá título ao libro.

Falamos da Alemania nazi, das "fontes de vida", etc..





Chegamos a conclusión de que é unha novela emocionante, desgarradora e moi recomendable.

jueves, 4 de abril de 2013

8ª Reunión- Marcas de nacemento

Unha vez entregado o libro "Marcas de nacemento" pasamos a comentalo en dúas partes.




Foto adquirida a través de La Presse
Primeiro falamos da autora, Nancy Huston, nacida en Canadá en 1953 pero que vive en París dende 1977. 

Autora de numerosas novelas e ensaios. Con este libro obtivo o premio Femina 2006.


Nesta primeira entrada falaremos da primeira metade do libro.


Comentamos as dúas primeiras partes da historia. 

Dous nenos de 6 anos que son moi distintos. 


Sol, personaxe mimado e ridículo , enganchado a internet que precisa visionar a guerra de Afganistan para excitarse. E o segundo personaxe que é o pai de Sol , moi depresivo que pensa de contínuo na morte.


Na próxima reunión proseguimos coa segunda metade da obra.



E a ti, ¿Qué che parece Sol? ¿Coñeces a autora desta obra?



lunes, 25 de febrero de 2013

7ª Reunión - A neta do señor Linh


Debido a que non rematamos o día anterior, continuamos hoxe para finalizar este libro; 
"A neta do señor Linh"
...

A narración é liñal, e a linguaxe é coidada reflectindo os pensamentos lembranzas e soños do personaxe central; o señor Linh.


É un narrador omnisciente, que o sabe todo e presenta a realidade a través da súa ollada deformada (?)

O uso do presente por parte do autor é un elemento que achega esa sensación de "estar vendo" o que lees; mais tamén os aires cinematográficos . 

Non esquecemos que Claudel (autor de esta obra) é directora de cinema e escribiu guions.

jueves, 21 de febrero de 2013

6ª Reunión - A neta do señor Linh

Temos nova lectura, novela curta chamada 
"A neta do señor Linh"


Esta novela fala da soidade do señor Linh, un home asiático que abandona o seu país destruído pola guerrra levando o único que lle quedou.


Falamos da soidade dos refuxiados, inmigrantes incomprendidos xa desde a dificultade de entenderse noutra lingua e cultura.


Tamén comentamos os encontros entre dous homes con linguas distintas pero que consiguen comunicarse e facer que entre eles naza a amizade.




viernes, 25 de enero de 2013

5ª Reunión - A elegancia do Ourizo

Empezamos cos comentarios sobre o novo libro 
"A elegancia do ourizo"


Primeiramente falamos da súa autora, Muriel Barbery e desta segunda obra súa.


Comentamos o agochamento dalgúns personaxes magníficos como a porteira, a súa amiga, Pomba a pequena que todo o vai e analiza e por último o xaponés Kakuro Ozu.

O libro é unha crítica á burguesía e os seus costumes e á vez un ensaio sobre a felicidade, sociedade, estereotipos e a beleza do simple.

A acción transcorre no nº7 de Rua Grenelle de Paris, unha zona nobre da cidade no que cohabitan 5 familias diferentes, dous cans e unha gran cantidade de gatos.

A estructura tamén é curiosa: dividida en multitude de pequenos capítulos de 2 ou 3 páxinas ao sumo. Alternan Renée, a porteira, con Paloma e a nena, que son os que toman a palabra alternativamente.

Todo con moito sentido do humor intelixente.



E ti, ¿liches o libro? ¿qué che pareceu a postura dos personaxes? 


jueves, 29 de noviembre de 2012

4ª Reunión - Fuxir

Empezamos a reunión falando sobre a nova lectura entregada; FUXIR

Falamos desta obra como unha obra curta e rápida para a lectura. 

Todo transcorre como moi rápido, sen descanso, de aí o título da obra.


Destaca o protagonista por non ter nome, con sentimentos enfrontados, pero que se deixa levar polas circunstancias.

Comentamos que ten unha curiosa estrutura da elaboración: 3 capítulos de 50 páxinas cada un desenvolvidos en Shangai, Pequín e París.

Destacamos que no capítulo III todas as páxinas empezan co mar e rematan
co mar, símbolo de morte, ruptura, ...inquietud.

Además cada parágrafo iníciase pro a palabra "Marie", a coprotagonista.


É unha novela moi cinematográfica, con escenas como flashes que dan sensación de velocidade e solo a morte é capaz de parar a fugacidade da vida. O movemento en tren, moto, avión, etc, é contínuo.



En resumidas contas; libro austero e de gran simplicidade.


jueves, 8 de noviembre de 2012

3ª Reunión - Cabeza de Pelouro



     Nesta reunión seguimos comentando aqueles temas derivados do contexto do libro "Cabeza de pelouro" que xa comentamos na reunión anterior, pero abranguemos temas diferentes como por exemplo;
  • Falamos dos problemas da emigración e da descolonización nos países europeos
  • Comentamos a problemática das mulleres no mundo musulmán e a súa integración na nova sociedade.
  • Os traumas das guerras.
  • A adaptación familiar ao novo territorio, sociedade e cultura.


Ao rematar o debate entregamos o 2º libro do curso; "Fuxir". Na próxima reunión empezaremos xa con esta obra.


¿Que pensas ti da emigración? ¿Cres que as mulleres musulmás teñen unha difícil integración en novas sociedades? e sobre as guerras e os seus traumas  ¿que opinas?




martes, 30 de octubre de 2012

2ª Reunión - Cabeza de Pelouro

Realizouse a entrega do libro 
"Cabeza de Pelouro"


Empezamos cunha lectura completa das nosas fichas e comentamos o contexto.


Este contexto dá lugar a grandes comentarios sobre Alxeria dos anos 60 aos 2000, que é precisamente o período histórico no que se desenvolve o libro.


Isto leva toda a reunión e despedímonos para adiantar un maior coloquio na próxima reunión.


e a ti ¿que é o que máis destacas deste contexto sobre Alxeria? 



jueves, 4 de octubre de 2012

1ª Reunión - Lista de libros - Novo curso




¡ ¡ Primeira reunión do noso club de lectura para o curso 2012/2013!!

O primeiro de todo é decidir os libros que imos ler e as fichas dos lectores para comezar ne as próximas reunións coa exposición de conclusións e ideas.


Este ano no Club de lectura traballaremos coa narrativa francesa
desenvolvendo a seguinte "lista de libros";
  • Cabeza de pelouro de Jean-Paul Nozière
  • Fuxir de Philipe Toussaint
  • A elegancia do ourizo de Muriel Barbery
  • A neta do señor Linh de Philipe Claudel
  • Marcas de nacemento de Nancy Huston

Por outra parte traballaremos unha obra da literatura clásica galega;
  • Xente ao lonxe de Branco Amor


¿Que vos parece a elección? 

¿Coñecedes xa algunha destas obras? e os seus autores/ás,
¿qué sabedes deles?



Ata a próxima reunión onde se exporá o primeiro libro completo "Cabeza de pelouro"



martes, 24 de abril de 2012

8ª Reunión - El jardín del Samurai

Entregado o seguinte libro pasamos a comentar os pareceres 
"El jardín del Samurai" 


En xeral, foi un libro que gustou a todo o grupo, a pesar de estar escrito en castelán e non ter traducción. 

É un libro moi coidado tanto na forma como no fondo, pero hai dúas correntes;

  1. Os que cren que dentro da literatura xaponesa ou oriental é un libro máis comercial e que era mellor o da casa das belas adormentadas pola forma de escribir.
  2. Os que din que non, que lles gustou máis este porque é máis bonito , fácil de ler e a historia é máis bonita.

Ben, en xeral un bo libro, gustou a todos.


E ti, ¿qué pensas da obra?, ¿pareceche de fácil lectura? ¿crees que é unha obra comercial? e a historia ¿gustóuche?

lunes, 5 de marzo de 2012

7ª Reunión - A casa das belas adormentadas

 Continuación dos comentarios sobre 

"A casa das belas adormentadas"




Este libro lévanos toda a reunión coma debate moral, a narración tan coidada na obra resulta tan espeluznante que non deixa a ninguén calado. 

Fai unha descripción dos lugares e do que acontece que mesmamente podes facer unha imaxe ben real na imaxinación.

Ademáis tocanse moitos temas morais sobre a muller, o home e certas actuaccións no libro.


viernes, 2 de marzo de 2012

6ª Reunión - A casa das belas adormentadas

Comezamos esta xuntanza co libro que segue 
"A casa das belas adormentadas"



Este libro é problemático porque tanto a homes como mulleres lle producíu un gran desasogo  e controversia. 

Analizando o libro vemos como é un libro cheo de contrastes entre a muller e o home.

xuventude / vellez
alegría / frustración 
vida/ morte
vida carnal / vida espiritual
...
Todos estos contrastes dan moito de si e debatimos un bo rato.


Como non da tempo para mais volvemos a reunirnos o luns 5 de marzo para continuar.

viernes, 27 de enero de 2012

5ª Reunión - Tras do Solpor


Seguimos coa controversia, 

pero o analizar máis o libro xa podemos observar a importancia que ten esta forma de narrar: estar dentro e fora da narración, é como traspasar o espello, igual que en "Alicia no país das marabillas", ese ollo de cámara que voa por riba da cidade e facendo un zoom pasa a introducirse na vida nocturna.


Falamos do fondo musical que acompaña todas as escenas e personaxes, que nos recrea o ambiente dos bares e pubs onde o jazz ameniza as copas e as soidades. Eses personaxes sórdidos que circulan pola noite nos hoteis onde as prostitutas reciben descargas da tensión dos clientes que as agreden fisicamente. O final quedamos reconfortados con Murakami.


Decidimos ler como seguinte 3º libro: "As belas adormentadas"




jueves, 19 de enero de 2012

4ª Reunión - Tras do Solpor


Empezamos comentando en xeral o libro: "Tras do Solpor" de Murakami 



con gran controversia, xa que hai un grupo que lle cansou o libro e hai outro grupo o que lle encantou.


Por outra banda hai que dicir que para moitos, este libro non reflicte nada da vida xaponesa, podería suceder a historia en calquera cidade do mundo. Os personaxes son cidadáns do mundo perdidos na noite dunha cidade grande.



Para outros si hai trazos da sociedade xaponesa na cultura que se desprende do que sucede na noite, os costumes, os gustos, etc.



Como non nos da tempo a mais decidimos continuar na seguinte reunión.







lunes, 5 de diciembre de 2011

3ª Reunión - Estupor y Temblores

"Estupor y Temblores"


Continuando co tema da muller en Xapón, falamos do que di no libro sobre a protagonista nas pax. 71-79, e en xeral da muller xaponesa. 

Tamén falamos da xefa de Anelie e do episodio nos baños cando intenta consolala.



Muller xaponesa, imaxe recollida en actitudfem.com

Falamos do xefe supremo da empresa, da estrutura piramidal na empresa e na sociedade, do benefactor como un emperador, pero permisivo co que acontece na parte baixa da estrutura.

Falamos da sociedade medieval.

Limos un fragmento do libro "Eva con Adán" tamén da mesma autora, no que comenta a súa vida profesional na empresa e como a súa parella pídelle perdón en nome de todos os xaponeses.

Rematamos cunha visión clara do mundo xaponés, da súa cultura, as empresas e as mulleres.


Decidimos ler como segundo libro: "Tras do solpor", de Murakami.


E ti, ¿Coñeces o mundo xaponés?, ¿qué pensas das mulleres nese pais? ¿liches algúnha das obras desta autora?



jueves, 1 de diciembre de 2011

2ª Reunión - Estupor y temblores


Coméntase en xeral sobre a autora: 

onde nace, onde viviu, os seus estudos, o pais, os problemas persoais coa anorexia, etc. e falamos sobre o porque do título.


Fálase en xeral de Xapón


Monte Fuji- Japón. Imaxe recollida de fondosg.com
Un dos asistentes, Sergio, lle encanta xapón, está estudando o xaponés e tamén le moitos comics xaponeses. 

Outra alumna, Marta, comenta que ela estivo en Xapón e nos relata o que viu e sentiu no mes que andivo por alí. 

E por último, Ana Calderón, nos di que estivo vendendo coches cos coreanos Mitsubishi e que nalgunhas cousas son parecidos os xaponeses.

Ante a falta de tempo acordamos seguir comentando o libro o luns 5 de decembro.




martes, 4 de octubre de 2011

1ª Reunión- Estupor y temblores



Unha vez feita a convocatoria para que todo aquel que quera acudir as reunións do club teña que inscribirse, hoxe os interesados e interesadas cubren o papel de inscrición e se lles fai entrega do 1º exemplar de lectura: Estupor y temblores de Arnelie Nothomb.


Decidimos facer unha comparanza do mundo xaponés con Galicia, polo tanto, imos ler 3 novelas de autores xaponeses que reflictan aquela realidade para logo comparala coa nosa.



Decidimos que a seguinte reunión será o próximo 1 de decembro para comentar a primeira obra, xa que é moi curta.