Mostrando entradas con la etiqueta tipo de estrutura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tipo de estrutura. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de mayo de 2013

10ª Reunión - Xente ao lonxe

Unha vez repartido o último libro de literatura galega "Xente ao lonxe" 
de Blanco Amor; pasamos a comentalo (o que nos levará dúas reunións)


Primeiro falamos de tres puntos a destacar;


  1. técnica cinematográfica en tres plans
    1. Plano panorámico de Aure
    2. Plano xeral: Aser e os máis achegados
    3. Primeiro plano : familia de Aser
  2. A obra consta dun prólogo útil que fala do interese por crear unha narrativa galega propia e digna.
  3. Existe un paralelismo histórico entre o período histórico da narración e o da escrita. Similitudes entre 1910-20 e 1970.

Seguiremos cos comentarios na seguinte reunión =)



¿leiches esta obra? e sobre Blanco Amor nesta obra ¿ pensas que conseguíu crear unha narrativa propia e digna? 

¡Cóntanos!


jueves, 25 de abril de 2013

9ª Reunión - Marcas de nacemento

Comezamos coa segunda parte do libro 
"Marcas de nacemento"


Iniciamos a reunión comparado os catro nenos de 6 anos de xeracións diferentes.

A novidade da narración é que está estructurada de diante para atrás, é dicir, comeza en California no ano 2004, segue en Nova York en 1982, logo en Toronto en 1960 e culmina en Munich en 1944, lugar onde se inicia realmente a primeira destas xeracións.


Nenas dos centros "Fontes de Vida". fotógrafo: Jot Down


Descóbrese aquí, no final, a verdadeira marca de nacemento, que é a que dá título ao libro.

Falamos da Alemania nazi, das "fontes de vida", etc..





Chegamos a conclusión de que é unha novela emocionante, desgarradora e moi recomendable.

lunes, 25 de febrero de 2013

7ª Reunión - A neta do señor Linh


Debido a que non rematamos o día anterior, continuamos hoxe para finalizar este libro; 
"A neta do señor Linh"
...

A narración é liñal, e a linguaxe é coidada reflectindo os pensamentos lembranzas e soños do personaxe central; o señor Linh.


É un narrador omnisciente, que o sabe todo e presenta a realidade a través da súa ollada deformada (?)

O uso do presente por parte do autor é un elemento que achega esa sensación de "estar vendo" o que lees; mais tamén os aires cinematográficos . 

Non esquecemos que Claudel (autor de esta obra) é directora de cinema e escribiu guions.

viernes, 25 de enero de 2013

5ª Reunión - A elegancia do Ourizo

Empezamos cos comentarios sobre o novo libro 
"A elegancia do ourizo"


Primeiramente falamos da súa autora, Muriel Barbery e desta segunda obra súa.


Comentamos o agochamento dalgúns personaxes magníficos como a porteira, a súa amiga, Pomba a pequena que todo o vai e analiza e por último o xaponés Kakuro Ozu.

O libro é unha crítica á burguesía e os seus costumes e á vez un ensaio sobre a felicidade, sociedade, estereotipos e a beleza do simple.

A acción transcorre no nº7 de Rua Grenelle de Paris, unha zona nobre da cidade no que cohabitan 5 familias diferentes, dous cans e unha gran cantidade de gatos.

A estructura tamén é curiosa: dividida en multitude de pequenos capítulos de 2 ou 3 páxinas ao sumo. Alternan Renée, a porteira, con Paloma e a nena, que son os que toman a palabra alternativamente.

Todo con moito sentido do humor intelixente.



E ti, ¿liches o libro? ¿qué che pareceu a postura dos personaxes? 


jueves, 29 de noviembre de 2012

4ª Reunión - Fuxir

Empezamos a reunión falando sobre a nova lectura entregada; FUXIR

Falamos desta obra como unha obra curta e rápida para a lectura. 

Todo transcorre como moi rápido, sen descanso, de aí o título da obra.


Destaca o protagonista por non ter nome, con sentimentos enfrontados, pero que se deixa levar polas circunstancias.

Comentamos que ten unha curiosa estrutura da elaboración: 3 capítulos de 50 páxinas cada un desenvolvidos en Shangai, Pequín e París.

Destacamos que no capítulo III todas as páxinas empezan co mar e rematan
co mar, símbolo de morte, ruptura, ...inquietud.

Además cada parágrafo iníciase pro a palabra "Marie", a coprotagonista.


É unha novela moi cinematográfica, con escenas como flashes que dan sensación de velocidade e solo a morte é capaz de parar a fugacidade da vida. O movemento en tren, moto, avión, etc, é contínuo.



En resumidas contas; libro austero e de gran simplicidade.


viernes, 25 de mayo de 2012

9ª Reunión e última - Arredor de sí


"Arredor de sí"

Coméntamos a dificultade de lectura deste libro tanto polo vocabulario e pola forma de escritura como o estilo e contido.


Este libro confesamos que case ninguén deu completado a súa lectura e quen o  fixo supuxolle un tremendo esforzo personal;  só ao final da lectura pódese entender algo. 


Require dunha explicación tanto de época a nivel histórico como literario ademáis de falar da firma de Otero Pedrayo. E logo de explicadas estas características e o obxectivo deste libro pódese entender mellor. Fálase de telo feito ao revés. Primeiro explicación e logo lectura.

lunes, 5 de diciembre de 2011

3ª Reunión - Estupor y Temblores

"Estupor y Temblores"


Continuando co tema da muller en Xapón, falamos do que di no libro sobre a protagonista nas pax. 71-79, e en xeral da muller xaponesa. 

Tamén falamos da xefa de Anelie e do episodio nos baños cando intenta consolala.



Muller xaponesa, imaxe recollida en actitudfem.com

Falamos do xefe supremo da empresa, da estrutura piramidal na empresa e na sociedade, do benefactor como un emperador, pero permisivo co que acontece na parte baixa da estrutura.

Falamos da sociedade medieval.

Limos un fragmento do libro "Eva con Adán" tamén da mesma autora, no que comenta a súa vida profesional na empresa e como a súa parella pídelle perdón en nome de todos os xaponeses.

Rematamos cunha visión clara do mundo xaponés, da súa cultura, as empresas e as mulleres.


Decidimos ler como segundo libro: "Tras do solpor", de Murakami.


E ti, ¿Coñeces o mundo xaponés?, ¿qué pensas das mulleres nese pais? ¿liches algúnha das obras desta autora?