jueves, 8 de noviembre de 2012

3ª Reunión - Cabeza de Pelouro



     Nesta reunión seguimos comentando aqueles temas derivados do contexto do libro "Cabeza de pelouro" que xa comentamos na reunión anterior, pero abranguemos temas diferentes como por exemplo;
  • Falamos dos problemas da emigración e da descolonización nos países europeos
  • Comentamos a problemática das mulleres no mundo musulmán e a súa integración na nova sociedade.
  • Os traumas das guerras.
  • A adaptación familiar ao novo territorio, sociedade e cultura.


Ao rematar o debate entregamos o 2º libro do curso; "Fuxir". Na próxima reunión empezaremos xa con esta obra.


¿Que pensas ti da emigración? ¿Cres que as mulleres musulmás teñen unha difícil integración en novas sociedades? e sobre as guerras e os seus traumas  ¿que opinas?




martes, 30 de octubre de 2012

2ª Reunión - Cabeza de Pelouro

Realizouse a entrega do libro 
"Cabeza de Pelouro"


Empezamos cunha lectura completa das nosas fichas e comentamos o contexto.


Este contexto dá lugar a grandes comentarios sobre Alxeria dos anos 60 aos 2000, que é precisamente o período histórico no que se desenvolve o libro.


Isto leva toda a reunión e despedímonos para adiantar un maior coloquio na próxima reunión.


e a ti ¿que é o que máis destacas deste contexto sobre Alxeria? 



jueves, 4 de octubre de 2012

1ª Reunión - Lista de libros - Novo curso




¡ ¡ Primeira reunión do noso club de lectura para o curso 2012/2013!!

O primeiro de todo é decidir os libros que imos ler e as fichas dos lectores para comezar ne as próximas reunións coa exposición de conclusións e ideas.


Este ano no Club de lectura traballaremos coa narrativa francesa
desenvolvendo a seguinte "lista de libros";
  • Cabeza de pelouro de Jean-Paul Nozière
  • Fuxir de Philipe Toussaint
  • A elegancia do ourizo de Muriel Barbery
  • A neta do señor Linh de Philipe Claudel
  • Marcas de nacemento de Nancy Huston

Por outra parte traballaremos unha obra da literatura clásica galega;
  • Xente ao lonxe de Branco Amor


¿Que vos parece a elección? 

¿Coñecedes xa algunha destas obras? e os seus autores/ás,
¿qué sabedes deles?



Ata a próxima reunión onde se exporá o primeiro libro completo "Cabeza de pelouro"



viernes, 25 de mayo de 2012

9ª Reunión e última - Arredor de sí


"Arredor de sí"

Coméntamos a dificultade de lectura deste libro tanto polo vocabulario e pola forma de escritura como o estilo e contido.


Este libro confesamos que case ninguén deu completado a súa lectura e quen o  fixo supuxolle un tremendo esforzo personal;  só ao final da lectura pódese entender algo. 


Require dunha explicación tanto de época a nivel histórico como literario ademáis de falar da firma de Otero Pedrayo. E logo de explicadas estas características e o obxectivo deste libro pódese entender mellor. Fálase de telo feito ao revés. Primeiro explicación e logo lectura.

martes, 24 de abril de 2012

8ª Reunión - El jardín del Samurai

Entregado o seguinte libro pasamos a comentar os pareceres 
"El jardín del Samurai" 


En xeral, foi un libro que gustou a todo o grupo, a pesar de estar escrito en castelán e non ter traducción. 

É un libro moi coidado tanto na forma como no fondo, pero hai dúas correntes;

  1. Os que cren que dentro da literatura xaponesa ou oriental é un libro máis comercial e que era mellor o da casa das belas adormentadas pola forma de escribir.
  2. Os que din que non, que lles gustou máis este porque é máis bonito , fácil de ler e a historia é máis bonita.

Ben, en xeral un bo libro, gustou a todos.


E ti, ¿qué pensas da obra?, ¿pareceche de fácil lectura? ¿crees que é unha obra comercial? e a historia ¿gustóuche?

lunes, 5 de marzo de 2012

7ª Reunión - A casa das belas adormentadas

 Continuación dos comentarios sobre 

"A casa das belas adormentadas"




Este libro lévanos toda a reunión coma debate moral, a narración tan coidada na obra resulta tan espeluznante que non deixa a ninguén calado. 

Fai unha descripción dos lugares e do que acontece que mesmamente podes facer unha imaxe ben real na imaxinación.

Ademáis tocanse moitos temas morais sobre a muller, o home e certas actuaccións no libro.


viernes, 2 de marzo de 2012

6ª Reunión - A casa das belas adormentadas

Comezamos esta xuntanza co libro que segue 
"A casa das belas adormentadas"



Este libro é problemático porque tanto a homes como mulleres lle producíu un gran desasogo  e controversia. 

Analizando o libro vemos como é un libro cheo de contrastes entre a muller e o home.

xuventude / vellez
alegría / frustración 
vida/ morte
vida carnal / vida espiritual
...
Todos estos contrastes dan moito de si e debatimos un bo rato.


Como non da tempo para mais volvemos a reunirnos o luns 5 de marzo para continuar.