lunes, 25 de febrero de 2013

7ª Reunión - A neta do señor Linh


Debido a que non rematamos o día anterior, continuamos hoxe para finalizar este libro; 
"A neta do señor Linh"
...

A narración é liñal, e a linguaxe é coidada reflectindo os pensamentos lembranzas e soños do personaxe central; o señor Linh.


É un narrador omnisciente, que o sabe todo e presenta a realidade a través da súa ollada deformada (?)

O uso do presente por parte do autor é un elemento que achega esa sensación de "estar vendo" o que lees; mais tamén os aires cinematográficos . 

Non esquecemos que Claudel (autor de esta obra) é directora de cinema e escribiu guions.

jueves, 21 de febrero de 2013

6ª Reunión - A neta do señor Linh

Temos nova lectura, novela curta chamada 
"A neta do señor Linh"


Esta novela fala da soidade do señor Linh, un home asiático que abandona o seu país destruído pola guerrra levando o único que lle quedou.


Falamos da soidade dos refuxiados, inmigrantes incomprendidos xa desde a dificultade de entenderse noutra lingua e cultura.


Tamén comentamos os encontros entre dous homes con linguas distintas pero que consiguen comunicarse e facer que entre eles naza a amizade.




viernes, 25 de enero de 2013

5ª Reunión - A elegancia do Ourizo

Empezamos cos comentarios sobre o novo libro 
"A elegancia do ourizo"


Primeiramente falamos da súa autora, Muriel Barbery e desta segunda obra súa.


Comentamos o agochamento dalgúns personaxes magníficos como a porteira, a súa amiga, Pomba a pequena que todo o vai e analiza e por último o xaponés Kakuro Ozu.

O libro é unha crítica á burguesía e os seus costumes e á vez un ensaio sobre a felicidade, sociedade, estereotipos e a beleza do simple.

A acción transcorre no nº7 de Rua Grenelle de Paris, unha zona nobre da cidade no que cohabitan 5 familias diferentes, dous cans e unha gran cantidade de gatos.

A estructura tamén é curiosa: dividida en multitude de pequenos capítulos de 2 ou 3 páxinas ao sumo. Alternan Renée, a porteira, con Paloma e a nena, que son os que toman a palabra alternativamente.

Todo con moito sentido do humor intelixente.



E ti, ¿liches o libro? ¿qué che pareceu a postura dos personaxes? 


jueves, 29 de noviembre de 2012

4ª Reunión - Fuxir

Empezamos a reunión falando sobre a nova lectura entregada; FUXIR

Falamos desta obra como unha obra curta e rápida para a lectura. 

Todo transcorre como moi rápido, sen descanso, de aí o título da obra.


Destaca o protagonista por non ter nome, con sentimentos enfrontados, pero que se deixa levar polas circunstancias.

Comentamos que ten unha curiosa estrutura da elaboración: 3 capítulos de 50 páxinas cada un desenvolvidos en Shangai, Pequín e París.

Destacamos que no capítulo III todas as páxinas empezan co mar e rematan
co mar, símbolo de morte, ruptura, ...inquietud.

Además cada parágrafo iníciase pro a palabra "Marie", a coprotagonista.


É unha novela moi cinematográfica, con escenas como flashes que dan sensación de velocidade e solo a morte é capaz de parar a fugacidade da vida. O movemento en tren, moto, avión, etc, é contínuo.



En resumidas contas; libro austero e de gran simplicidade.


jueves, 8 de noviembre de 2012

3ª Reunión - Cabeza de Pelouro



     Nesta reunión seguimos comentando aqueles temas derivados do contexto do libro "Cabeza de pelouro" que xa comentamos na reunión anterior, pero abranguemos temas diferentes como por exemplo;
  • Falamos dos problemas da emigración e da descolonización nos países europeos
  • Comentamos a problemática das mulleres no mundo musulmán e a súa integración na nova sociedade.
  • Os traumas das guerras.
  • A adaptación familiar ao novo territorio, sociedade e cultura.


Ao rematar o debate entregamos o 2º libro do curso; "Fuxir". Na próxima reunión empezaremos xa con esta obra.


¿Que pensas ti da emigración? ¿Cres que as mulleres musulmás teñen unha difícil integración en novas sociedades? e sobre as guerras e os seus traumas  ¿que opinas?




martes, 30 de octubre de 2012

2ª Reunión - Cabeza de Pelouro

Realizouse a entrega do libro 
"Cabeza de Pelouro"


Empezamos cunha lectura completa das nosas fichas e comentamos o contexto.


Este contexto dá lugar a grandes comentarios sobre Alxeria dos anos 60 aos 2000, que é precisamente o período histórico no que se desenvolve o libro.


Isto leva toda a reunión e despedímonos para adiantar un maior coloquio na próxima reunión.


e a ti ¿que é o que máis destacas deste contexto sobre Alxeria? 



jueves, 4 de octubre de 2012

1ª Reunión - Lista de libros - Novo curso




¡ ¡ Primeira reunión do noso club de lectura para o curso 2012/2013!!

O primeiro de todo é decidir os libros que imos ler e as fichas dos lectores para comezar ne as próximas reunións coa exposición de conclusións e ideas.


Este ano no Club de lectura traballaremos coa narrativa francesa
desenvolvendo a seguinte "lista de libros";
  • Cabeza de pelouro de Jean-Paul Nozière
  • Fuxir de Philipe Toussaint
  • A elegancia do ourizo de Muriel Barbery
  • A neta do señor Linh de Philipe Claudel
  • Marcas de nacemento de Nancy Huston

Por outra parte traballaremos unha obra da literatura clásica galega;
  • Xente ao lonxe de Branco Amor


¿Que vos parece a elección? 

¿Coñecedes xa algunha destas obras? e os seus autores/ás,
¿qué sabedes deles?



Ata a próxima reunión onde se exporá o primeiro libro completo "Cabeza de pelouro"