martes, 4 de octubre de 2011

1ª Reunión- Estupor y temblores



Unha vez feita a convocatoria para que todo aquel que quera acudir as reunións do club teña que inscribirse, hoxe os interesados e interesadas cubren o papel de inscrición e se lles fai entrega do 1º exemplar de lectura: Estupor y temblores de Arnelie Nothomb.


Decidimos facer unha comparanza do mundo xaponés con Galicia, polo tanto, imos ler 3 novelas de autores xaponeses que reflictan aquela realidade para logo comparala coa nosa.



Decidimos que a seguinte reunión será o próximo 1 de decembro para comentar a primeira obra, xa que é moi curta.




jueves, 29 de septiembre de 2011

CALENDARIO 2011 - 2012


Presentación por parte da coordinadora do calendario de lecturas para o curso 2011-12.

As obras: Temática xaponesa
  • Esturpor y temblores, Arnelie Nothomb. 
  • Tras do solpor, Murakami. 
  • A casa das belas adormentadas, Yasunari Kawabata. 
  • El jardín del samurai, Gail Tsukiyama 

2as obras: Temática galega:


  • Xente o lonxe, Blanco Amor. 
  • Arredor de si, Otero Pedrayo. 

Acordamos que a primeira reunión do curso se celebre o martes 4 de outubro.