martes, 30 de octubre de 2012

2ª Reunión - Cabeza de Pelouro

Realizouse a entrega do libro 
"Cabeza de Pelouro"


Empezamos cunha lectura completa das nosas fichas e comentamos o contexto.


Este contexto dá lugar a grandes comentarios sobre Alxeria dos anos 60 aos 2000, que é precisamente o período histórico no que se desenvolve o libro.


Isto leva toda a reunión e despedímonos para adiantar un maior coloquio na próxima reunión.


e a ti ¿que é o que máis destacas deste contexto sobre Alxeria? 



jueves, 4 de octubre de 2012

1ª Reunión - Lista de libros - Novo curso




¡ ¡ Primeira reunión do noso club de lectura para o curso 2012/2013!!

O primeiro de todo é decidir os libros que imos ler e as fichas dos lectores para comezar ne as próximas reunións coa exposición de conclusións e ideas.


Este ano no Club de lectura traballaremos coa narrativa francesa
desenvolvendo a seguinte "lista de libros";
  • Cabeza de pelouro de Jean-Paul Nozière
  • Fuxir de Philipe Toussaint
  • A elegancia do ourizo de Muriel Barbery
  • A neta do señor Linh de Philipe Claudel
  • Marcas de nacemento de Nancy Huston

Por outra parte traballaremos unha obra da literatura clásica galega;
  • Xente ao lonxe de Branco Amor


¿Que vos parece a elección? 

¿Coñecedes xa algunha destas obras? e os seus autores/ás,
¿qué sabedes deles?



Ata a próxima reunión onde se exporá o primeiro libro completo "Cabeza de pelouro"



viernes, 25 de mayo de 2012

9ª Reunión e última - Arredor de sí


"Arredor de sí"

Coméntamos a dificultade de lectura deste libro tanto polo vocabulario e pola forma de escritura como o estilo e contido.


Este libro confesamos que case ninguén deu completado a súa lectura e quen o  fixo supuxolle un tremendo esforzo personal;  só ao final da lectura pódese entender algo. 


Require dunha explicación tanto de época a nivel histórico como literario ademáis de falar da firma de Otero Pedrayo. E logo de explicadas estas características e o obxectivo deste libro pódese entender mellor. Fálase de telo feito ao revés. Primeiro explicación e logo lectura.

martes, 24 de abril de 2012

8ª Reunión - El jardín del Samurai

Entregado o seguinte libro pasamos a comentar os pareceres 
"El jardín del Samurai" 


En xeral, foi un libro que gustou a todo o grupo, a pesar de estar escrito en castelán e non ter traducción. 

É un libro moi coidado tanto na forma como no fondo, pero hai dúas correntes;

  1. Os que cren que dentro da literatura xaponesa ou oriental é un libro máis comercial e que era mellor o da casa das belas adormentadas pola forma de escribir.
  2. Os que din que non, que lles gustou máis este porque é máis bonito , fácil de ler e a historia é máis bonita.

Ben, en xeral un bo libro, gustou a todos.


E ti, ¿qué pensas da obra?, ¿pareceche de fácil lectura? ¿crees que é unha obra comercial? e a historia ¿gustóuche?

lunes, 5 de marzo de 2012

7ª Reunión - A casa das belas adormentadas

 Continuación dos comentarios sobre 

"A casa das belas adormentadas"




Este libro lévanos toda a reunión coma debate moral, a narración tan coidada na obra resulta tan espeluznante que non deixa a ninguén calado. 

Fai unha descripción dos lugares e do que acontece que mesmamente podes facer unha imaxe ben real na imaxinación.

Ademáis tocanse moitos temas morais sobre a muller, o home e certas actuaccións no libro.


viernes, 2 de marzo de 2012

6ª Reunión - A casa das belas adormentadas

Comezamos esta xuntanza co libro que segue 
"A casa das belas adormentadas"



Este libro é problemático porque tanto a homes como mulleres lle producíu un gran desasogo  e controversia. 

Analizando o libro vemos como é un libro cheo de contrastes entre a muller e o home.

xuventude / vellez
alegría / frustración 
vida/ morte
vida carnal / vida espiritual
...
Todos estos contrastes dan moito de si e debatimos un bo rato.


Como non da tempo para mais volvemos a reunirnos o luns 5 de marzo para continuar.

viernes, 27 de enero de 2012

5ª Reunión - Tras do Solpor


Seguimos coa controversia, 

pero o analizar máis o libro xa podemos observar a importancia que ten esta forma de narrar: estar dentro e fora da narración, é como traspasar o espello, igual que en "Alicia no país das marabillas", ese ollo de cámara que voa por riba da cidade e facendo un zoom pasa a introducirse na vida nocturna.


Falamos do fondo musical que acompaña todas as escenas e personaxes, que nos recrea o ambiente dos bares e pubs onde o jazz ameniza as copas e as soidades. Eses personaxes sórdidos que circulan pola noite nos hoteis onde as prostitutas reciben descargas da tensión dos clientes que as agreden fisicamente. O final quedamos reconfortados con Murakami.


Decidimos ler como seguinte 3º libro: "As belas adormentadas"