jueves, 6 de junio de 2013

11ª Reunión e última

Chegamos a última reunión da Rebotica neste curso coa última parte dos comentarios acerca de 
"Xente ao lonxe"

Falamos do seu autor , Blanco Amor, do contexto histórico, da obra...etc. 

Repartimos a cada unha das persoas que participaron na Rebotica un libro de agasallo máis un bolígrafo do colexio Mendiño.


Invitamos as 12:00 a Suso Cerbeiro e Ana Prado autores de "Costureira das ánimas", que estiveron a falar da arte de escribir e ilustrar os libros.



E así damos por rematado esta Rebotica neste curso escolar.



¿qué che parece o noso curso de A Rebotica?, ¿coñeces algún destes autores que invitamos? e sobre as obras lidas, ¿vas leer algunha?  

jueves, 16 de mayo de 2013

10ª Reunión - Xente ao lonxe

Unha vez repartido o último libro de literatura galega "Xente ao lonxe" 
de Blanco Amor; pasamos a comentalo (o que nos levará dúas reunións)


Primeiro falamos de tres puntos a destacar;


  1. técnica cinematográfica en tres plans
    1. Plano panorámico de Aure
    2. Plano xeral: Aser e os máis achegados
    3. Primeiro plano : familia de Aser
  2. A obra consta dun prólogo útil que fala do interese por crear unha narrativa galega propia e digna.
  3. Existe un paralelismo histórico entre o período histórico da narración e o da escrita. Similitudes entre 1910-20 e 1970.

Seguiremos cos comentarios na seguinte reunión =)



¿leiches esta obra? e sobre Blanco Amor nesta obra ¿ pensas que conseguíu crear unha narrativa propia e digna? 

¡Cóntanos!


jueves, 25 de abril de 2013

9ª Reunión - Marcas de nacemento

Comezamos coa segunda parte do libro 
"Marcas de nacemento"


Iniciamos a reunión comparado os catro nenos de 6 anos de xeracións diferentes.

A novidade da narración é que está estructurada de diante para atrás, é dicir, comeza en California no ano 2004, segue en Nova York en 1982, logo en Toronto en 1960 e culmina en Munich en 1944, lugar onde se inicia realmente a primeira destas xeracións.


Nenas dos centros "Fontes de Vida". fotógrafo: Jot Down


Descóbrese aquí, no final, a verdadeira marca de nacemento, que é a que dá título ao libro.

Falamos da Alemania nazi, das "fontes de vida", etc..





Chegamos a conclusión de que é unha novela emocionante, desgarradora e moi recomendable.

jueves, 4 de abril de 2013

8ª Reunión- Marcas de nacemento

Unha vez entregado o libro "Marcas de nacemento" pasamos a comentalo en dúas partes.




Foto adquirida a través de La Presse
Primeiro falamos da autora, Nancy Huston, nacida en Canadá en 1953 pero que vive en París dende 1977. 

Autora de numerosas novelas e ensaios. Con este libro obtivo o premio Femina 2006.


Nesta primeira entrada falaremos da primeira metade do libro.


Comentamos as dúas primeiras partes da historia. 

Dous nenos de 6 anos que son moi distintos. 


Sol, personaxe mimado e ridículo , enganchado a internet que precisa visionar a guerra de Afganistan para excitarse. E o segundo personaxe que é o pai de Sol , moi depresivo que pensa de contínuo na morte.


Na próxima reunión proseguimos coa segunda metade da obra.



E a ti, ¿Qué che parece Sol? ¿Coñeces a autora desta obra?



lunes, 25 de febrero de 2013

7ª Reunión - A neta do señor Linh


Debido a que non rematamos o día anterior, continuamos hoxe para finalizar este libro; 
"A neta do señor Linh"
...

A narración é liñal, e a linguaxe é coidada reflectindo os pensamentos lembranzas e soños do personaxe central; o señor Linh.


É un narrador omnisciente, que o sabe todo e presenta a realidade a través da súa ollada deformada (?)

O uso do presente por parte do autor é un elemento que achega esa sensación de "estar vendo" o que lees; mais tamén os aires cinematográficos . 

Non esquecemos que Claudel (autor de esta obra) é directora de cinema e escribiu guions.

jueves, 21 de febrero de 2013

6ª Reunión - A neta do señor Linh

Temos nova lectura, novela curta chamada 
"A neta do señor Linh"


Esta novela fala da soidade do señor Linh, un home asiático que abandona o seu país destruído pola guerrra levando o único que lle quedou.


Falamos da soidade dos refuxiados, inmigrantes incomprendidos xa desde a dificultade de entenderse noutra lingua e cultura.


Tamén comentamos os encontros entre dous homes con linguas distintas pero que consiguen comunicarse e facer que entre eles naza a amizade.




viernes, 25 de enero de 2013

5ª Reunión - A elegancia do Ourizo

Empezamos cos comentarios sobre o novo libro 
"A elegancia do ourizo"


Primeiramente falamos da súa autora, Muriel Barbery e desta segunda obra súa.


Comentamos o agochamento dalgúns personaxes magníficos como a porteira, a súa amiga, Pomba a pequena que todo o vai e analiza e por último o xaponés Kakuro Ozu.

O libro é unha crítica á burguesía e os seus costumes e á vez un ensaio sobre a felicidade, sociedade, estereotipos e a beleza do simple.

A acción transcorre no nº7 de Rua Grenelle de Paris, unha zona nobre da cidade no que cohabitan 5 familias diferentes, dous cans e unha gran cantidade de gatos.

A estructura tamén é curiosa: dividida en multitude de pequenos capítulos de 2 ou 3 páxinas ao sumo. Alternan Renée, a porteira, con Paloma e a nena, que son os que toman a palabra alternativamente.

Todo con moito sentido do humor intelixente.



E ti, ¿liches o libro? ¿qué che pareceu a postura dos personaxes?