Nós


Benvido ao noso espazo compartido



      Somos un grupo de persoas que crearon un Club para discutir todas as lecturas que programamos ao longo do ano lectivo e compartir recursos literarios. 


 Publicaremos; 
  • Por unha banda o rexistro do libro nas páxinas do blog. (Podes encontralas en un listado debaixo do encabezado principal, ou ben as páxinas detalladas no lateral dereito do blog.)
  • Por outra, nas entradas do blog, a conclusión da nosa lectura persoal, recursos literarios ou outro tipo de información que queiramos compartir neste espacio, relacionado coa lectura, literatura, escritores e todo o relacionado co ámbito literario.

As finalidades deste club de lectura son:

  • Animar socialmente á lectura, é dicir, espertar o interese polos libros e o pracer de ler.
  • Motivar aos que non len e reorientar a forma de ler, o comportamento lector, dos que xa len, aínda que o fagan só ocasionalmente e deficientemente.
  • Fomentar o espírito crítico e estimular a imaxinación.
  • Cubrir o tempo de lecer das persoas.
  • Crear verdadeiros faladoiros de tolerancia e diálogo.Intercambiar opinións.
  • Enriquecer o coñecemento persoal a través dos outros, reais ou imaxinarios.
  • Desenvolver a capacidade de entender, valorar e gozar coa lectura e coa comunicación.
  • Estimular a sensibilidade de forma que se chegue a considerar a lectura como unha actividade habitual e natural.
  • Mellorar a expresión oral, favorecendo a autoestima.
  • Reflexionar sobre a nosa percepción da realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario