A elegancia do ourizo


"A elegancia do ourizo"


Autora: Muriel BARBERY
Obra: “A elegancia do ourizo”

Personaxes: Renée Michel, Paloma Josse, Colombe Josse, Solange Josse, o señor Josse, Manuela Lopes e Kakuro Ozu.
Personaxes secundarios: Lucien, Tibère, Os Broglie, Olimpia Saint-Nice, Diane Badoise, Pierre Arthens, Clémence Arthens, Laura Arthens, Jean Arthens, Os Pallières e Os grelier
Animais: Parlamento e Constitución, León, Athéna e Neptune.
Estructura: múltiples e curtos capítulos.

Escritora



Muriel Barbery, imaxe recollida de babelio.com
  Muriel Barbery (Casablanca, Marrocos, 1969) é unha escritora francesa, profesora de filosofía, autora das novelas Una golosina (2000), traducida a doce linguas, e A elegancia do ourizo (2006) (publicada en galego por Galaxia en 2008). Esta última obra tivo un grande éxito no seu país con máis de 30 edicións e máis dun millón de exemplares vendidos, ocupou o primeiro lugar de vendas durante 30 semanas consecutivas e foi traducida a numerosos idiomas. A directora francesa Mona Achache rodou a película O ourizo baseándose nesta novela.

Sinopsis

     Coa súa segunda novela, Muriel Barbery converteuse en pouco tempo nunha revelación literaria, primeiro en Francia e logo en toda Europa. A elegancia do ourizo conta a historia de Renée, a porteira dun edificio do París burgués. Viúva, cativa e laída, ninguén sospeita que é máis culta ca todos os ricos que moran na veciñanza. E a de Paloma, que vive na mesma casa, ten doce anos, é extraordinariamente intelixente e négase a ter como destino a vacuidade e a inepcia da existencia adulta. Cando faga trece anos, ten pensado suicidarse. Ambas levan unha vida solitaria deica a chegada ao edificio dun home misterioso que propiciará o encontro. Xuntas irán amosándonos cun sorriso como é posible acadar unha felicidade cimentada na amizade, o amor e a arte. O personaxe da porteira aparece fugazmente en A lambetada, o anterior libro da escritora, profesora de Filosofía en Bayeux, traballo que abandonará durante un tempo tras o éxito editorial logrado no seu país. "Desexei crear un personaxe no que coubese o desarraigamento e a soidade máis absoluta e que ao mesmo tempo tivese a capacidade de ter un amplo coñecemento da vida e fose un sabio". Muriel Barbery chegou á conclusión de que "a intelixencia é algo transversal a todos os estratos sociais" e, por iso, tanto Renée como Pomba poden compartir as mesmas inquietudes intelectuais. A pesar de ter un físico moi pouco agraciado, Renée é, en realidade, unha experta en gramática, sensible coas naturezas mortas holandesas, que le a Tolstói, escoita a Mozart e ao rapero Eminem, e encántalle o cinema xaponés de Ozu -unha paixón que comparte tamén a escritora, que se trasladará un ano a Vila Kujoyama en Xapón para escribir a súa próxima novela-. "Se houbese unha intención no libro sería a de mostrar a uns personaxes solitarios", subliña Barbery, quen explica que a aparición de Pomba, que escribe un diario dobre, se produciu cando levaba escrito o 80% do libro e tivo que volver empezar para darlle un protagonismo maior.

Imaxe recollida de clubdosegrel.blogspot.com.es
     En A elegancia do ourizo, a escritora alude ás dificultades dalgúns seres humanos para entaboar relacións. "É algo que a min me resulta moi difícil. A maior parte da miña vida paseina nun círculo moi restrinxido polo temor ao descoñecido". Fala Barbery da súa crítica á burguesía no libro. "No meu país hai unha gran fractura entre as clases sociais e un elitismo cultural moi forte. O fenómeno da integración da inmigración foi un absoluto fracaso".

     A escritora ruborízase ante unha sesión fotográfica e foxe das cámaras de televisión, unha timidez que lle levou a pensar nos seus inicios que a súa obra xamais ía ser publicada. "Cando escribes méteste nun mundo impenetrable, tan íntimo que me resulta chocante que se vaia publicar ou saír á luz o que imaxina a miña mente e se vai reflectindo no ordenador. Admiro os escritores que teñen un plan ou unha estrutura, pero eu sento pola mañá e non sei cara a onde vou tirar. Ademais, se o sei, malo, porque seguro que logo non vale para nada. Hai momentos nos que teño a impresión de estar como en transo". A súa peculiar forma de escribir condénsase en capítulos moi curtos que deixan ao lector expectante ante os acontecementos que vai descubrindo en A elegancia do ourizo. 

      Muriel Barbery no seu libro fálanos do convencionalmente belo, do simple, da arte, da literatura, do cinema, a filosofía e a música, aquela beleza innegable aos ollos de todos pero ignorada por moitos. Aquilo que reside moito máis alá do tanxible, aquilo que convertemos en fermoso cando nos sacamos as máscaras, cando deixamos de pensar no superficial e na orde establecida cargada de estereotipos. Pero tamén nos fala a través dun humor crítico, que logra verdadeiros sorrisos, dos lugares comúns da clase acomodada francesa, descricións inocentes e ácidas de situacións non tan difíciles de extrapolar ao mundo no que cada un de nós se desenvolve.

   Porque da man de Paloma, unha pequena, que sendo sincera ao principio me desagradaba quizais acostumada á inocencia e á facilidade con que unha nena desa idade vai o mundo, pero que non obstante logrou cativarme xa que cansa do mundo en que vive, a burguesía francesa, decide acabar coa súa vida o día que cumpra 12 anos, pero antes decide darlle unha oportunidade a todo o que lle rodea, e a través do seu "diario de pensamentos profundos" e "acerca do movemento" móstranos toda a sensibilidade que posúe para ver todo iso que non nos decatamos porque adoitamos mirar e non observar, porque xordos do ruído externo, non logramos escoitar o que as cousas nos din, e cegos da sobreinformación á que estamos sometidos esquecemos ver o que temos fronte aos nosos ollos.

Muriel Barbery. Imaxe recollida en listal.com


     Personaxes principais

   Renée Michel: Porteira, cincuenta e catro anos, desde fai 27 traballa no Nº 7 da rúa Grenelle; viúva, ten un gato chamado León –por León Tolstoi. Gústalle a música clásica en particular a Gustav Madhler. Como encontra que a vida é unha vulgaridade, a partir da aparición das cintas VHS e logo dos DVD, ve habitualmente Morte en Venecia. Le filosofía. Foi a filla dun don ninguén, sen beleza nin encanto, sen pasado nin ambición, sen don de xentes, sen esplendor. Na súa infancia foi unha nena apática e case minusválida, tan cargada de costas que case parecía corcovada. Aos 12 anos deixou o colexio para traballar en casa e no campo cos seus pais e seus irmáns. Aos 17 casou con Lucien. Descríbese como unha muller corcovada, cintura ancha, pernas curtas, pés tortos, vello abundante, trazos brutos, sen graza nin contornos. Vén dun pobiño de Puteaux. Paloma di dela: "ten a elegancia do ourizo: por fóra está cuberta de púas, unha verdadeira fortaleza, pero intúo que, por dentro, ten o mesmo refinamento sinxelo dos ourizos, que son animaliños falsamente indolentes, tremendamente solitarios e terriblemente elegantes." Para o señor Ozu, a señora Michel será unha princesa clandestina e erudita.

    Paloma Josse: Filla menor dos Josse. Vive na quinta planta do Nº 7 da rúa Grenelle, nun piso de ricos; ten 12 anos e o día que cumpra os trece (16 de xuño) decidiu suicidarse. É superdotada ye mantén a teoría de que a vida é unha farsa e que como se dun acuario se tratara, “A xente cre ansiar e perseguir estrelas, pero termina como peixes de cores nun acuario". Está en octavo e ten un amor especial por Xapón e a súa cultura: entende o seppuku; le manga xaponés onde espera máis adiante, cando domine o idioma ler a Jiro Taguinuchi e gusta dos poemas ao estilo haikú. A súa teoría é que a lucidez fai máis amargo o éxito e a mediocridade alberga sempre unha certa esperanza. Sinala que o importante non é morrer, nin á idade que se morre, senón o que un está facendo no  momento da  súa morte, idea que cobra unha forza fundamental ao final da novela. No caso de Paloma, o importante no momento da súa morte é escribir ideas profundas.

   Colombe Josse: Filla maior dos Josse. Estuda filosofía na École Normale Supérieure e está facendo un máster sobre Guillermo de Ockam. Segundo Paloma por moito que estude nunha das universidades máis prestixiosas de Francia, aínda cre en Papa Noel, porque é totalmente pueril. Colombe é un cero á esquerda, sinala. Para Colombe "a señora Renée é un desfeito humano, para ela calquera que non corresponda a norma cultural é un desfeito humano e a norma cultural de Colombe é o poder social, aderezado coa moda da marca agnès b.”

   Solange Josse: A nai, ten 45 anos, é doutora en letras, pasa a maior parte do tempo dando a “paliza” sobre referencias literarias. Segundo Paloma o seu doutorado serviulle para escribir as invitacións sen faltas de ortografía. Desde fai dez anos visita ao seu psicoanalista o doutor Theid e é adicta aos somníferos.

   O señor Josse: O pai. Non se menciona o seu nome, é deputado socialista ex ministro e probablemente chegue a ser Presidente da Asemblea Nacional.

   Manuela Lopes: Portuguesa, nacida en Faro, traballa como asistenta (limpadora por horas) para os Arthens e os Brooglie; farao tamén, máis adiante, para o señor Ozu. É amiga de Renée e baixa habitualmente á portería onde, bebendo té, fixo amizade coa porteira, xamais se falaron de ti, sempre de vostede. Ten uns ademáns moi aristocráticos.

   Kakuro Ozu: É un señor duns sesenta anos, moi presentable e moi xaponés, baixiño, delgado, cun rostro cheo de engurras, pero de expresión clara. Toda a súa persoa irradia amabilidade. Tras a morte de Pierre Arthens, será o novo propietario da cuarta planta. É xubilado, un home moi rico e ten un asistente chamado Paul N’Guyen.

Muriel Barbery. Imaxe recollida en wondrus.la

Personaxes secundarios

   Lucien: Difunto marido de Renée. Morreu –segundo relata a señora Michel- de cancro. Home baixiño e enxoito como a cepa dun olmo; non obstante tiña unha expresión agradable. Non bebía, non fumaba, non mascaba tabaco e non apostaba. Pese a ser inculto abordaba todas as cousas con ese enxeño que nos traballos manuais distingue aos laboriosos dos artistas.

   Tibère: É o noivo de Colombe. Estuda matemáticas na École Normale Supérieure. O seu pai é produtor de cine e a súa nai ten unha galería de arte nos peiraos do Sena.

   Os Broglie: Viven na primeira planta. A señora Bernardette de Broglie é a esposa do conselleiro de Estado, un home tan conservador que non saúda aos divorciados, foi ministro nos tempos de Valéry Giscard d'Estaing.

   Olimpia Saint-Nice: Ten 19 anos e é a filla do diplomático do terceiro, e quere ser veterinaria.

   Diane Badoise: Filla dun avogado, estuda Dereito na Universidade de París II, é a dona de Neptuno, é unha rubia anoréxica que leva impermeables Burberrys. Os Badoise viven na terceira planta.

   Pierre Arthens: Crítico gastronómico, vive na cuarta planta. Segundo Renée é un oligarca da peor especie. Ao morrer dun ataque cardíaco, a familia decide vender o piso e o novo propietario será outro dos personaxes importantes, o señor Kakuro Ozu.

   Clémence Arthens: É a filla maior dos Arthens, unha encarnación da frustración, unha meapías consagrada en corpo e alma dedicada a dar a lata ao seu marido e aos seus fillos ata o final dos seus tristes días salpicados de misas, de reunións parroquiais e bordados de punto de cruz, segundo a señora Renée.

   Laura Arthens: É a segunda filla de Pierre, segundo a señora Renée, é unha chica que non visita aos seus pais a miúdo.

   Jean Arthens: É un drogadicto que se está convertendo nun refugallo humano. Segundo Renée: De pequeno era un neno moi guapo de ollos resplandecentes que sempre ía detrás do seu pai como un canciño.

   Os Grelier: Bernard, mozo de tarefas varias e Violette, a súa muller, gobernanta dos Arthens. Ela soberana dun reino de serventes. Ten polo pobo chá o mesmo desprezo que os grandes burgueses dos seus xefes. Fala todo o día, e rifa aos criados como nos tempos dourados de Versalles. Pontificaba a Manuela co discursos sobre o amor ao traballo ben feito e o declive dos bos modais.

   Os Pallières: Viven na sexta planta. Sabine Pallières é a esposa dun un peixe gordo da industria armamentística…e a nai de Antoine; e tamén, Sabine Pallières é a filla dun pendón con abrigo de visón que forma parte do comité de lectura dunha importantísima editorial e que está tan enxoiada, que ás veces, teme que se poda desplomar polo peso. O fillo Antoine Pallières é, segundo Renée, un cretino con trenca verde piñeiro que, tras varias carreiras nas mellores universidades do país, probablemente irá a difundir a mediocridade das súas ideas de chicha e nabo nun gabinete ministerial de dereitas.

Animais

   Parlamento e Constitución: Son as mascotas dos Josse. Estes gatos, segundo Paloma, non teñen máis entendemento que a aspiradora. Constitución é, segundo a descrición da señora Renée, unha encantadora gatiña cor caramelo, co fociño rosa bombón, bigotes brancos e almofadiña lila…de tres anos de idade.

   León: Gato da señora Michell. O seu nome é en honor ao escritor ruso León Tolstoi.

   Athéna: É a whippet dos Meurisse, que parece un esqueleto recuberto por unha costra de coiro beige. A súa dona é Anne Helènne Meurisse que segundo Paloma é o mesmo modelo de muller que Diane Badoise, pero con vinte e cinco anos de intervalo.

   Neptune: É o cócker pallizo dos propietarios do terceiro dereita do edificio. Renée ten especial simpatía, pois el se obstina en ser un can cando a súa ama quere facer del un cabaleiro: É un sátiro lúbrico, que arquexa de maneira anticipada, coa cabeza chea de fantasías. Para a señora Renée é máis ben un yankee famento.

   Este libro é unha pequena xoia. Un ensaio sobre a felicidade, a sociedade, os estereotipos e a beleza do simple. Unha boutade que ven a exemplificarnos un feito tan facilmente contrastable pero tan inalcanzable a maioría do tempo: chégase antes á plenitude a través dunha rica vida interior que de calquera  outra forma.



París, imaxe recollida en cityjet.com


A acción do libro ten lugar no 7 da Rue Grenelle, París. Un edificio na zona nobre da cidade no que cohabitan cinco familias diferentes, dous cans e unha boa cantidade de gatos.
  • No baixo vive a porteira co gato León
  • No primeiro piso viven os Broglie, el conselleiro do Estado, conservador, e ela, a muller Bernardette. Tamén están os serventes. E Manuela que tamén limpa a casa.
  • No segundo dereita: srs. Meurisse, ela Anne Helene que ten a cadela Ateneas
  • No segundo esquerda viven os Srs. Rosen
  • No terceiro dereita: Srs. Badoise, el avogado que ten de filla a Diane que estuda Dereito e ten o can chamado Neptuno
  • No terceiro esquerda: Srs. Saint-Nice que el é diplomático e teñen a filla Olimpia que quere ser veterinaria.
  • No cuarto: Srs. Arthens, el Pierre, crítico gaastronómico que morre dun ataque ao corazón. Ela é Anna, teñen tres fillos: Clemence casada e con fillos, Laura que case non ve aos pais e Jean drogadicto. Teñen serventes, os Gralier, Bernard e Violette, e Manuela vai tamén limpar.
  • No quinto: Srs. Josse, el Paul socialista e ela Solange de 45 anos. Teñena Colombe e a Paloma e enimais dous gatos.
  • No sexto Srs. Palliers, el capiytoste da industria armamentística e ela, Sabine, forma parte do comité de lectura dunha editorial. Teñen a Antoine e Sabine



Estrutura

   A estrutura é, tamén, distinta a muchas novelas: está divida en multitude de pequenos capítulos -l maioría consta de dous ou tres páxinas ao sumo-. Renée e Paloma vanse alternando para narrar as súas vidas. Cada unha ten a súa propia tipografía. Isto desde logo foi un acerto, pois fai da lectura algo máis dinámico, máis levadeiro. A lectura densa require un esforzo por parte do lector para seguir o fío. Non é como esas novelas máis lixeiras que case se len soas.

   Muriel Barbery fala bastante de filosofía na súa obra, e de vellas glorias da literatura francesa e rusa. Recorre constantemente a 'Anna Karenina', a obra máis coñecida de León Tolstoi, coa que o personaxe de Renée está pouco menos que obsesionada. A acción avanza lenta, moi lenta, en aras dd discurso interno de ambos personaxes. Entre tanta divagación, filosofía, arte, música, beleza, cine e poesía, o demais queda relegado a un segundo plano.

   Muriel Barbery quixo atacar duramente á burguesía nesta novela. Ao mismo tempo que o fai, destila un particular sentido do humor, intelixente e moi persoal co que moitas persoas sintan afinidade. Durante algúns pasaxes da novela, a sensación é de que a autora creara dous protagonistas, pero que no fondo, Renée e Paloma eran dúas caras da mesma moeda. Teñen tanto en común, e ao mesmo tempo son tan distintas, que o que unha non ten atópase na outra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario