Marcas de nacemento

"MARCAS DE NACEMENTO"

Escritora: Huston, Nancy
Edita: Rinoceronte

Escritora

   Nancy Huston naceu en Canadá en 1.953 pero vive en París dende 1.977. É autora de numerosas novelas e ensaios e gañadora de varios premios. Coa súa novela Marcas de nacemento obtivo o premio Femina 2.006 e o seu libro estivo na lista dos máis vendidos de Francia durante varias semanas consecutivas. Escribe indistintamente en francés e en inglés sendo esta o seu sinal de identidade. Ela mesma traduce as súas obras dunha lingua a outra. Chega a Francia aos 20 anos e será alumna de Roland Barthes. Por un tempo participará no Movemento de Liberación das mulleres (MLF) período en que escribirá ensaios. Moi pronto comeza a escribir novelas: Les Variations Goldberg en 1981 e con Cantique deas plaines volve por primeira vez á súa lingua materna e país de orixe. Nancy Huston é tamén música tocando a frauta e o clavecín. A música foi unha fonte permanente de inspiración para moitas das súas novelas. Está casada co filósofo, lingüista  e semiólogo de orixe búlgaro, Tzvetan Todorov. Novelista, dramaturga, ensaísta, música, guionista e actriz ocasional, a canadense Nancy Huston (Calgary, 1953) foi dende os anos setenta unha activista feminista moi comprometida. Nancy Huston compaxinou as súas novelas con ensaios e artigos de prensa sobre a condición feminina e os dereitos das mulleres.

Nancy Huston , imaxe recollida en coeurdartacho.com
    Publicou en Francia Reflexos no ollo dun home, e ardeu Troia. 
  O libro caeu como unha bomba no feminismo institucional, porque Huston pon en cuestión as teorías de xénero que sosteñen que o comportamento feminino e masculino é o resultado da educación e a sociedade.

   
    Onde Simone de Beauvoir dixo que "non se nace muller", Nancy Huston replica que o sexo determina unha serie de actitudes que é inútil negar. "As feministas sempre consideraron que as mulleres son obrigadas polo home a poñerse guapas, e iso parécelles mal. Pero a coquetería e a sedución son universais. Actúan como motor da reprodución, e o 80% das mulleres que nacen teñen fillos. Non serve de nada negalo. A igualdade está moi ben, pero para conseguila é necesario saber que homes e mulleres parten de lugares distintos, e que mentres nós negamos esas diferenzas, o capitalismo as exacerba con toda tranquilidade".

Sinopse 

   Durante a infancia da bisavoa produciuse un acontecemento terrible que repercute nas vidas das xeracións posteriores. A través de catro nenos de seis anos da mesma familia, comezando co presente e retrocedendo cara ao pasado, os segredos van saíndo á luz.
'Marcas de nacemento'' comeza na soleada California no ano 2.004, continúa en 1.982 entre Nova York e Haifa, prosegue no Toronto dos anos sesenta e culmina coa bisavoa Erra, a orixe de todo, dende o seu fogar en Múnic en 1.944. Este terrible suceso, que non se descobre ata o final, non é senón unha marca de nacemento que une máis que o propio sangue e será a clave para desvelar ese misterio que condicionou as vidas de catro xeracións.
Imaxe atopada en circulo.es

   A marca de nacemento (un estraño lunar) é a escusa de que se serve Nancy Huston para unir cada novo recén nacido co seu proxenitor. As súas historias. O lunar sempre aparece, pero en distintos lugares do corpo, variando a súa localización e, polo tanto, a sorte que terá ese bebé na súa futura vida. Esta é unha novela de destinos xa escritos. Os personaxes non poden máis que se resignar a coexistir con iso. Escapar é inútil.

   O esquema narrativo divídese en catro partes, cada unha dedicada a un familiar, a un neno. A novela realiza unha estraña viaxe dende 2.004 cara ao pasado, no que cada acontecemento acaecido anteriormente repercute de xeito farto esaxerada nas xeracións vindeiras. Isto é algo que pode parecer interesante e orixinal, pero a autora non consegue chegar máis alá.

   Polo tanto podería afirmar que no caso de 'Marcas de nacemento'' é a forma e non tanto o fondo o que falla.

  Algún personaxe é irrisorio. Sol, co que arranca a novela, é o bisneto de protagonista e un bo exemplo diso. Un cativo supostamente intelixentísimo e mimado ata extremos que rozan o ridículo, enganchado a internet, que se masturba vendo explotar coches bomba da guerra de Afganistán a través de Youtube. De feito, é tan intelixente que sempre fai quedar aos seus pais coma se fosen estúpidos. Eles, iso si, nunca deixan de dalo todo por el, sacrificando moitos aspectos das súas vidas por Sol, o astro rei, o próximo grande ditador do mundo (esta descrición está sacada da propia novela).

  Os nenos narran en presente a pesar de que a medida que a novela avanza o lector se interna cada vez máis no pasado. Ás veces Nancy Huston introdúcese dentro das cabezas dos cativos. Noutras ocasións asisten ás conversacións dos maiores e, aínda que teñan seis anos ou menos, decátanse absolutamente de todo, captando os detalles máis nimios, a ironía, o sarcasmo, os xogos de palabras e as frases de dobre sentido.

   A autora trata moi ben o tema das guerras. Están moi presentes nesta novela e comparten protagonismo cos catro nenos. Xa sexa a segunda guerra mundial, a de Vietnam, a guerra de Afganistán ou a guerra fría.

  Nenos, guerras, destinos que se cruzan e as súas consecuencias, sempre unidos. Os tempos cambian, pero sempre hai un conflito que os marca. Máis que polo ano zodiacal ou o signo do horóscopo, dende a psicanálise se considera que o comportamento humano vén determinado pola familia na que te crías e polo momento que estea a pasar esta. As relacións máis importantes (significativas) que temos na infancia son as que van configurar quen somos. A nosa identidade é pois, unha colaxe das nosas primeiras relacións que imos incorporando dentro de nós.

   En Marcas de nacemento, Nancy Huston, desliza a súa pluma construíndo catro personaxes de seis anos de idade escritos en primeira persoa. Ao falar destas marcas de nacemento ,la autora fai un paralelismo entre unhas manchitas na pel que se herdaron dalgún dos proxenitores; do mesmo xeito que os fillos herdan as historias persoais (conflitos) dos seus pais.

     O primeiro personaxe é un neno superdotado e máis narcisista do habitual que se cre fillo de sol e de google. É un personaxe actual tremendamente divertido que manipula como quere os pais.

     Cando cheguei ao segundo personaxe tiven que aprazar a lectura debido ao cambio de ton e estilo narrativo. De rirme a gargalladas co primeiro personaxe a poñerme triste. Pois é a infancia do pai do neno anterior. que é tremendamente depresivo, que sempre está a pensar na morte e na desaparición.

Nancy Huston, fotografía recollida de kebooks.org
     O terceiro personaxe é a nai obsesiva, insegura e culpabilizadora do neno depresivo. Que cando era neno a súa marca de nacemento era un demo que lle falaba e estaba constantemente a castigala.

    No cuarto personaxe chegamos a unha nena de seis anos-nai da anterior- que vive en tempos de guerra (1944). E dende aquí procede unha grande marca que influirá nas futuras xeracións. Descóbrese un segredo que non vou revelar por se alguén ten intención en lelo. Nesta última parte a vai claramente como a Historia inflúe nas historias particulares e en todo o libro como a nosa infancia determina o noso comportamento adulto.

    A través dos recordos e o relato de catro nenos, catro xeracións, a novela vai tomando corpo para acabar contando unha historia baseada nalgúns dos feitos mais vergonzosos e parcialmente descoñecidos sucedidos na Alemaña nazi. Durante mais de 300 paxinas estes catro membros de diferentes xeracións familiares ofrecen os seus recordos, co denominador común das súas marcas de nacemento, para ir esclarecendo a orixe familiar e a explicación final que condicionou as súas vidas. Unha novela que viaxa no tempo dende a California de 2004, onde vive Sol; continua en Nova York e Haifa, onde viviu a súa infancia o seu pai, Randall; pasando polo Toronto dos anos 60 o protagonista dos cales é Sadie, a súa avoa e que remata en Munich, onde a súa bisavóa Erra acábanos descifrando todas as claves da trama.

   Segundo a propia autora este é un libro que trata "sobre o impacto dos acontecementos políticos e familiares, sobre a forma en que se transmiten os recordos, sobre como a historia inflúe nas historias particulares.", é dicir; un libro que é á súa vez unha denuncia e o relato dun acontecemento que probablemente marcou a vida de moitos homes e mulleres que, á súa vez, transmitiron durante xeracións un sentimento e un compromiso coas súas orixes relixiosas e políticas. Todo descrito dunha forma máis que brillante, de prosa doada e segura que é empregada dunha forma maxistral para transmitir ao lector o desgarro e amargura que estes homes e mulleres experimentaron coa súa vivencia.

   A través dos relatos de catro nenos, dende a actualidade cara ao pasado, o lector accede aos recordos persoais que entretecen a historia familiar ata culminar co descubrimento dun segredo que determinou a vida de todos eles. A novela iníciase en California en 2004, co brillante e mimado Sol; continúa en 1982 co seu pai Randall, que divide a súa infancia entre Nova York e Haifa; prosegue coa súa avoa Sadie dende o Toronto dos anos sesenta e culmina coa bisavoa Erra dende o seu fogar en Múnic en 1944. Unha marca de nacemento, un sinal conxénito que une ás catro xeracións, será a clave para desvelar ese terrible misterio que condicionou irremediablemente as súas vidas.

    É emocionante, desgarradora, brillante... Quizais a metade do relato, na segunda historia, o ritmo vai cedendo ao tedio e hai un par de momentos nos que perde interese. Solo as ganas de comprender o sentido da trama permitíronme seguir lendo. No terceiro capítulo a novela volve remontar claramente ata o comezo da última historia, a da avoa Erra. A partir de aí lese de corrido e, o ultimo relato, faise curtísimo e especialmente interesante, para acabar parecendo unha gran novela, magnifica en forma e fondo e, polo tanto, especialmente recomendable.

Nancy Huston, imaxe recollida de larevista.ec


No hay comentarios:

Publicar un comentario