Cabeza de Pelouro

"Cabeza de Pelouro"   



Obra: "Cabeza de Pelouro"
Escritor: Nozière, Jean-Paul Nozière

Personaxes: Pai, nai, fillo, filla e a cadela.
Lugares: Tunisia, Tunes, Italia, Nápoles, Francia e Alxeria.
Tempo: na historia transcorre nun curso escolar, comeza en outubro e remata en xuño.

Escritor

        Jean-PaulJean-Paul Nozière naceu o 7 de xullo de 1943 en Monay, Francia. 

Nozière,imaxe recollida de Wikipedia
         Actualmente compaxina a súa dedicación á escritura co seu traballo como documentalista en Côte d 'Or, as súas dúas maiores paixóns. Foi profesor de Xeografía e Historia durante nove anos, dous deles en Alxeria. Isto, unido aos seus recordos de infancia, explica en gran parte a elección dos temas das súas novelas: a Segunda Guerra Mundial, e o conflito alxeriano.

        Segundo el mesmo di, a súa infancia estivo marcada pola guerra de Alxeria (1954-1962), a pesar de non nacer alí. Publicou máis de trinta novelas, e recibiu o premio Brive-Montréal para o conxunto da súa obra en 1993, ademais doutros galardóns de importancia.

        "A cancion de Hannah" é a primeira novela de Nozière traducida ao castelán que se publica en España.

Personaxes

         .Pai. KarimDjemai, traballaba nunha fábrica de plástico desde facía 22 anos polas noites e libraba un fin de semana de tres ou catro días de cada mes. A fábrica tiña una nova dirección e prevíanse cambios e le pedirá a quenda de día. Cada vez que libraba a fin de semana ían todos ao cine e logo a una pizería a cear onde se fumaba un purito.
         Cando casou coa muller el estaba xa traballando en Francia desde facía 5 anos e xa tiña a nacionalidade francesa e ía as vacacións a AinMenara. Os seus país eran Selim e Tahir; el era curandeiro e feiticeiro non pobo onde non había médico por iso era respetado. Sempre durmía de día e non participaba case nada na vida familiar.
         Vivía con medo ante o avance da dereita nas eleccións para o presidente da República na primeira volta co avance de LePain e a onda racista contra os árabes en Francia. Tiñan prohibido falar francés na casa agás ás veces entre o matrimonio e nos aniversarios nos que se levantaba a cantar o Happybirthday to you en árabe.

         .Nai. ZohraDjemai, Ten agora 36 anos. Cando as cousas empezaron a complicarse non volveu a ir ao cine porque tiña medo. Seguía a estudar para entrar na Facultade de Letras de Constantine no mes de outubro. Estaba pendente dunha bolsa de axuda aos estudos pero no mes de agosto recibiu una carta dos irmáns de Canadá dicíndolle que lle axudaban eles aínda que non tivese a bolsa. Pero o pai díxolle que non podía ir. Os homes barbudos que visitaban ao seu pai ultimamente na casa obrigábanlle a ir a mesquita e rezar e prohibíronlle deixar estudar á súa filla. Xa non podía estudar nin falar francés.

         Os mozos pola rúa metíanse con ela e insultábana. O país cada vez estaba peor, non había traballo e os rapaces estaban na rúa sen estudar nin traballar, as estradas deterioradas e as avarías non se reparan. Mentres o imán na mesquita fala mal das mulleres e predica que hai que rezar a Alá e salvar Alxeria dese estado de corrupción por iso os homes barbudos empezan a ir polas casas a destruír as antenas parabólicas para que a xente non mire as canles de televisión estranxeiras e se pervertan. Os pais eran ignorantes, non sabían ler nin escribir e era fácil influír neles. Ademais os homes barbudos levaban armas agochadas baixo a xilaba e a policía ben por medo ou por ser cómplice non facía nada. 

Nozière, imaxe recollida de polarnoir.fr
        A nai tiña 18 anos e pasou un ano enteiro encerrada na casa ata que a casan con Karin nun acordo entre familias. Ela cre que é a salvación porque se vai ir co home a Francia pero non é doado conseguir o pasaporte e ten que quedar cos sogros a vivir. Alí ten dous fillos e cando a revolución estoupa e os barbudos matan a seu sogro e poñen unha bomba na escola na que ela ensinaba francés a nenos onde vai o seu fillo de 7 anos, poñen unha bomba e morren 6 nenos compañeiros do seu fillo. Entón ela é cando decide marchar cos dous fillos logo de encanonarlle coa metralleta un home barbudo e dicirlle que se fóra do país. Ela colle todos os cartos e os dous fillos de 7 e 4 anos, en maio de 1994, e marcha a pé ata tunicia e logo un camión que pagou levounos ata Tunes e desde alí telefonou ao home a Francia e coa axuda dun amigo tunesino levounos en barco de pesca a Nápoles onde estivo 5 semanas esperando polo seu home, ela soa sen cartos, cos dous fillos e ilegal, escapando da policía.Co tempo estudou e conseguiu ser a conserxe do centro de ensino GeorgesBrasens, onde viven.

         Abandonou todos os seus costumes: xa non fala árabe, xa non se pinta as mans con henna, recolle o pelo nun moño e viste estilo oriental abandonado as roupas árabes. Era unha muller atractiva e ben formada. Zohra, era a conserxe do colexio Georges Brassens desde facía catro anos. A vestimenta da nai cambiara tamén o pelo e a cor. Tiña 36 anos e a filla gravaba a vida pasada da nai pero non quería que se enterase o seu pai. Cóntalle que de pequena vivía en Aïn Menara, a vila máis fermosa de Sponge, no borde do mar e de casiñas brancas con barcos de pesca. Tiña seis irmáns e ela era a menos e por iso foi a escola e ao instituto. Os irmáns son Omar, Mohamed, Latifa, Souad, Karima e Leila.

         Souad morreu e os outros marcharon a Canadá e Mohamed está en Francia, pero non se ven porque a el non lle gusta a vida da irmá.Que fale francés, que rematase o bacharelato… O seu pai, é dicir, o avó da nena, Fouad, mandouna á escola porque pensaba que cos diplomas non tería que emigrar como os irmáns e podería quedar en Alxeria. Ía á escola só pola tarde eran 60 na clase e o mestre tiña outros 60 pola mañá. Non había praza para todos. Entrou no instituto en 1976 e xa morrera o irmán e os outros xa emigraran e enviaban cartos a casa por iso ela puido ir ao instituto.

         A irmá Souad morreu porque era a quinta filla da súa avoa Djamila e non se deu presa por ser muller e quedou no bar a beber antes de ir a atendela. O instituto era en Sétif e parecía a casa dun príncipe. Ían vestidas con blusas rosas e estivo alí 7 anos estaba interna. Só ía ao pobo en vacacións e una vez ao mes e non se acostumaba a vivir sen auga, as rúas sucias, sen electricidade… e cando volvía aburríase e distanciábase dos seus país por iso seu pai empezou a odiar os libros que lía.. Rematou o bacharelato en 1983, con 18 anos. Eran só 2 rapazas as que obtiveran o diploma en Aïn Menara. Pero empezaron a ir pola súa casa uns homes que acusaban a seu pai de non respectar a relixión e insultaban á avoa.Dicían que as rapazas non tiñan que ter títulos, que a escola era mala e afastaba a xente do bo camiño.

         Ao principio non o tomaba en serio pero algúns rapaces empezaban a tirarlle pedras cando saía soa. Chamábanlle puta cando ía a casa duns profesores franceses e tivo que poñer veo. Tamén cando foi ao cine asubiáronlle eran 4 mulleres e centos de homes, pero era ela a única sen home, as outras tres si tiñan. Logo marchou do cine antes de rematar a película e foi a casa e estaban aqueles homes e seu pai pegoulle una labazada diante deles prohibíndolle volver ao cine. 


Imaxe recollida de libros.fnac.es
      .O fillo. Cabeza de pelouro, Mouloud, que ten agora 18 anos e está totalmente desequilibrado e cun trastorno psicolóxico severo debido ao trauma da bomba e da aventura da fuxida de Alxeria. As súas afeizóns son o fútbol e recortar as mulleres das revistas. Gústalle ir ao cine e subirse ás árbores así como sacar ao can a pasear. Mouloud, (Milou) de 17 anos cumpridos en xuño dese ano é cabeza de pelouro, quedou afectado logo de sufrir un atentado na escola onde morren compañeiros. O día do 17 aniversario entrou na conserxería espido e coa cabeza totalmente rasurada e con pingas de sangue de rasurarse, por iso é cabeza de pelouro. Gustáballe o fútbol e a televisión.

         .A fillaAicha, de 14 anos, nena superdotada que está preparando o bacharelato por libre a pesar da idade por se superdotada. Tivo epilepsia facía 4 anos o seu primeiro ataque por causas traumáticas, cando estaban fuxindo de Alxeria e o último facía un ano que se lle repetira pero xa estaba curada a pesar de enganar ao médico para que non a mandaran as clases normais que non quería ir por nada do mundo, por iso estudaba por libre.
         Era a que gravaba á nai para explicar a vida pasada deles e o trauma dos fillos. Era moi madura e consciente ademais de intelixente pois lía moito e era consciente do aumento do racismo en Francia. Tiña medo de todos e non se relacionaba con ninguén da súa idade. Abre as cartas que os país escriben á directora do instituto e nalgunhas ve o racismo da xente. Tiña una amiga chamada Lola que sempre a invitaba a súa casa e non quería ir.

          A cadela que atoparan perdida e puxéronlle de nome “o can”que escapaba cara ao veciño e botaba as cagadas e logo se queixaba dos árabes

Os Lugares

       AinnMenara, en Sponge (Alxeria). Lugar de 1000 habitantes na costa dun pobo pescador que se mantiña bastante afastado da civilización. Había moita pobreza e os homes tiñan que emigrar para sobrevivir.

      O pai de Zohra tiña unhas oliveiras que a penas daban para comer por iso os fillos os axudaban. Grande atraso e a maioría da poboación era analfabeta. O caso dela de querer estudar sendo nena era un caso raro e grazas a axuda dos profesores de francés.

       Tunisia, Tunes, Italia, Nápoles e Francia.


O Tempo

        Da historia comeza en outubro e remata en xuño; é un curso escolar. No que hai 9 capítulos e un epílogo.

        O tempo da narración dura moito máis; dura os 30 ou máis anos pois se conta a vida da nai desde que era a pequena de todos os irmáns e lea xa tiña poucos anos ata o momento actual que avanza un pouco máis da historia como aparece no epílogo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario