“Afirma Pereira" por Antonio Tabucchi




 Afirma Pereira”

Escritor: Antonio Tabucchi.

Obra: “Afirma Pereira”

O autor e a súa obra
Antonio Tabucchi, imaxe recollida de www.lavanguardia.com

Antonio Tabucchi é ante todo un poeta. Naceu en Pisa o 24 de setembro de 1943, pero creceu en casa dos avós maternos en Vecchiano, lugar próximo a Pisa. Durante os anos de estudos universitarios na Universidade de Pisa, Tabucchi realizou numerosas viaxes por Europa, seguindo as pegadas dos autores que atopara na rica biblioteca do seu tío materno. Durante unha destas viaxes, en París, nun banco da estación de Lyon atopou o poema Tabacaria asinado por Álvaro de Campos, un dos heterónimos de Fernando Pessoa, na tradución francesa de Pierre Hourcade. De aquí sae a intuición de que atopara o tema para os próximos vinte anos da súa vida. Vaise a Lisboa e desenvolverá unha verdadeira paixón por esta cidade. Realiza unha tese doutoral sobre o surrealismo en Portugal. Realiza estudos de perfeccionamento na Escola Normal Superior de Pisa e en 1973 recibe o encargo de ensinar Lingua e Literatura portuguesa en Bolonia
En 1978, trasládase á Universidade de Génova. Do 1985 ao 1987 é director do Instituto Italiano de Cultura de Lisboa.Despois, durante moitos anos, pasa seis meses en Lisboa, coa súa muller, nacida alí, e os seus dous fillos.E ali escribe.                                                           

 A outra parte do ano transcorre na Toscana, dando clases na Universidade de Siena. Visceralmente namorado de Portugal, foi o mellor coñecedor, crítico e tradutor italiano do escritor portugués Fernando Pessoa. Tabucchi coñeceu a obra de Pessoa nos anos sesenta, na Sorbona, fascináballe de tal forma que ao seu regreso a Italia acudiu a clases de portugués para comprender mellor ao poeta. Morre no 2012.
Os Seus libros foron traducidos en dezaoito países. Xunto a María José de Lancastre, a súa esposa, traduciu ao italiano moitas das obras de Pessoa. Escribiu, ademais, un libro de ensaios e unha comedia teatral sobre el. Obtivo o premio francés "Médicis étranger" pola súa novela Notturno Indiano, e o premio Campiello por Afirma Pereira. Algúns dos seus libros máis coñecidos son Notturno Indiano, Piccoli equivoci senza importanza, Un baule pieno di gente, Gli ultimi tre giorni di Fernando Pessoa, AfirmaPereira, La testa perduta di Damasceno Monteiro e Si sta facendo sempre più tardi. Varios dos seus libros foron levados ao cine, entre os que destaca Afirma  Pereira, onde Marcello Mastroianni destaca nunha das súas últimas interpretacións, en 1995, só un ano antes do seu falecemento. En 2004 recibiu en España o Premio Francisco Cerecedo de xornalismo.
Tabucci é poeta principalmente e isto nótase porque todas as palabras son precisas e a estrutura é economicista, é dicir, que con dúas palabras xa di moito en canto a contido.

O libro
O libro é un estudo psicolóxico do personaxe que vai paseniñamente evolucionando. Ademais do personaxe principal, podemos observar outros importantes na obra e na evolución psicolóxica de Pereira coma Monteiro Rossi, que é un carota, observamos como vai vestido, vai facer as necrolóxicas pero pide os cartos por adiantado e aparece e desaparece sen máis. Marta, a compañeira, é realmente a persoa de máis peso. Está na sombra porque parece que a cara visible sempre é Monteiro pero ela é o verdadeiro peso ideolóxico e a que ten a moral contraria ao réxime e á moral do momento. É rebelde sen facerse destacar, pero acude a un café ela soa, viste diferente, etc. É muller rompedora con carisma. É o único personaxe que o describe como é, como se sente, como viste, etc, porque a Pereira lle gusta. Do resto non sabemos tanto. Outros personaxes importantes son o médico do talaso, Cardoso, que logo marcha a París; o camareiro do café que frecuenta, o outro amigo del que vai visitar e a quen decide abandonar porque xa non ten nada en común con el, o seu xefe do xornal…

 
Imaxe recollida de librosdecabecerafelix.blogspot.com




Na obra hai tres capas ideolóxicas:
  • De acordo co réxime: o director do xornal, que é un hipócrita pois é director dun xornal católico e está cunha amante no balneario. 
  • Pereira, que representa aos que nin lles vai nin lles vén a política e o réxime. 
  • Monteiro Rosssi e os amigos, que son os concienciados contra o réxime salazarista.
O réxime de Salazar foi moi duro: as paredes oen, os teléfonos están intervidos, as porteiras son sociais, o amigo que vai visitar pactou co réxime… Pero tamén hai moitos artistas que tiveron que saír do país (capítulo 14).
Hai outros personaxes secundarios como a muller de Pereira que está presente na foto coa que fala  O pai Antonio que ven sendo a conciencia moral de Pereira así como o doutor Cardoso que é o detonante do cambio en Pereira.

O libro presenta tres diferentes técnicas de control:
   1ª parte: hai represión intelectual que se por el mesmo (ninguén lle di o que ten que publicar e só publica o que sabe que é publicable e as necrolóxicas de Monteiro gárdaas. Cóntalle á foto o que fai e o que vai facer.
          2ª parte: empeza a ter experiencia coa censura e xa tivo conversas con Cardoso e Marta e escribe a novela francesa que remata “viva Francia”, e o director chámalle a atención e dille que escriba sobre Camoens. Aquí a actitude é menos pasiva que na anterior pois el entérase das noticias polo camareiro que ten un amigo que escoita a radio Londres. Agora no café Orquídea ve que morrera un meloneiro e o seu xornal publica unha nova diferente dun hotel de EEUU… Aí xa empeza a dubidar. Queda claro que aínda que os xornais non informan pola censura, o que vale é o boca a boca, é a memoria histórica que se transmite duns a outros.
        3ª parte: é o control do discurso: Pereira dubida se apearse da súa ideoloxía xa que non fala coa muller e empeza a desprenderse das ideas. Ten remorsos pola pasividade que se rompe cando matan a Monteiro Rossi na súa casa por non falar. Decátase de que vivir ancorado no pasado sen preocuparse polo futuro inutilízao. En poucas horas escribe unha necrolóxica de Monteiro e é capaz de superar todas as censuras e vaise camiño a Francia. A declaración pode ser que o colleu ao final ou a entrada en Francia. En calquera idade se pode cambiar, e a idade non é desculpa.
A obra remata cun epílogo cuxo narrador é Tabucci, mentres que no resto da obra el narra
coma testemuña. Pereira vive de costas á realidade, non quere ver o presente e o camareiro,
que ven sendo a voz do pobo, e o cura e o doutor Cardoso xunto con Monteiro e Marta
axudan a espertar dese sono no que malvive e chegamos a ver unha persoa verdadeiramente
lúcida.
É unha obra de actualidade pois hai moitos Pereiras agora neste momento en que vivimos
aquí en España, incluso é unha obra que pode servir de reflexión persoal xa que moitos de
nós podemos ser Pereira, nesa época que nos tocou vivir, pois non sempre queremos tomar
partido dos acontecementos e implicarnos na realidade política do noso país.
E forma de escribir desde unha testemuña é semellante á novela de Blanco Amor, A
Esmorga. Esta foi escrita en 1995 e a Esmorga en 1959.




Afirma Pereira
Escribe esta obra para darlle a coñecer aos mozos portugueses a súa propia historia da que son descoñecedores e tamén, quere facer unha homenaxe ao pobo xudeu, tal e como afirma o autor na nota da fin do libro, onde tamén aclara o porqué do nome de Pereira e o motivo de escribir esta novela.
  • Unha nova nun xornal na que se fala dun xornalista morto en Lisboa, que tivera que marcharse a Paris, como exiliado na época de Salazar, logo de escribir un feroz artigo contra o réxime. Pasados os anos, volve a Lisboa e morre esquecido por todos 
  • O nome de Pereira é para render unha homenaxe ao pobo xudeu que deixou unha profunda pegada na civilización portuguesa (no libro hai alusións a este pobo como o da carnicería e a señora do tren que andaba coxa, que lle pide que faga algo). 
  • Orixe literaria, por unha obra teatral de Eliot na que se fala dun misterioso portugués portugués chamado Pereira do que non se sabe nada.
    Antonio Tabucchi, imaxe extraida de adolfotorrecilla.blogspot.com

A novela comeza con: Afirma Pereira, que é un narrador testemuña e á vez narrador omnisciente.
O ritmo é lento feito con introspección centrado primeiro na calor que fai, o ventilador, etc.; centrado en si mesmo. Logo o ritmo vai aumentando pero é unha novela de conxecturas porque as cousas as sabemos por indicios (conxecturas). Intuímos a situación na que se vive por determinadas conxecturas como cando vai de casa ao traballo que hai policía, a porteira, etc. O libro é introspectivo e por iso podemos dicir que tamén é histórico xa que está perfectamente enmarcado nun período concreto da historia de Portugal: agosto de 1938 na ditadura de Salazar.
Pereira é o encargado da sección cultural dun xornal coñecido en Lisboa, pero o seu despacho está apartado do local do xornal e está el só.. Pereira ten cambios de carácter: tenso, tranquilo, relaxado, acalorado…




No hay comentarios:

Publicar un comentario