Esturpor y temblores

 "Estupor y Temblores"


Escritor/a: Amelie Nothom
Obra:"Estupor y temblores"
Personaxes: Amelie, Fubuki Mori, Saito, Tenshi, Omochi e Haneda.

ESCRITORA

Imaxe recollida en lavanguardia.com

Amelie Nothom nace en Kobe (Xapón) en 1967; filla dun barón e diplomático belga. Desde os dous anos comeza a almacenar escenas narrables ao aprender secretamente a lingua xaponesa coa súa nodriza e ao mesmo tempo empeza a aprender o francés materno. En 1984 comeza a redactar a súa obra nos albores da idade adulta, ao ingresar na Universidade Libre de Bruselas, alimentándose de todo material narrativo que se sedimentou na súa mente desde a súa infancia; grande parte da súa obra baséase nun biografismo consciente e declarado. A súa obra é unha combinación de simpleza e complexidade, mesturando a francofonía coas influencias asiáticas. A súa educación occidental no seo da cultura asiática (China, Laos e Bangladesh...) é o principal desencadeante da mestizaxe do seu imaxinario. Afirma que todos os días séntase a escribir desde as catro da mañá ata as oito, momento en que o resto da cidade esperta. Cando vivía en Bangladesh empezou a ter problemas coa comida, en pleno inicio da adolescencia. O problema da anorexia durou dous anos e medio pero as secuelas duraron nove máis. Ela di que é unha enfermidade terrible e que a ela lle afectou moitísimo. Estivo a piques de morrer. Salvouse e incluso agora sinte pracer coa comida Ela di que o que lle salvou foi a escritura e irse a Xapón. Cando regresou alí despois de terse ido aos cinco anos, volver a pisar chan xaponés fíxolle atopar moi ben; sentiuse feliz. Di que por esa enfermidade non sabe se hoxe sería escritora. Di que se decatou de que se non comes estás solo porque comer é unha cuestión social. Ninguén te quere ao lado se non desexas comer. Comezou a escribir aos 17 anos. Ela en Europa sentíase moi mal e por iso desexaba marchar a Xapón que o tiña idealizado. A volta supuxo unha reconciliación con Europa e con ela mesma e a súa identidade.
Con este libro conseguiu o gran premio da novel ada Academia Francesa en 1999, e foi levada ao cine en 2003.


EMPRESA

- Fortemente xerarquizada, piramidal.
- O esquema é o seguinte: arriba de todo está o señor Haneda; debaixo o señor Omochi; baixo el está o señor Tenshi, que era un superior doutra sección.
- Logo debaixo está o señor Saito; despois a señorita Mori Fubuki e, finalmente, está ela.
- Un inferior preséntase ante un xefe con estupor e tremores
- Máquina de funcionarios que só pretenden a submisión total dos empregados.
- Debe desaparecer todo trazo individual en favor do conxunto e as complicadas xerarquías
- Perverso sistema económico
- Penalización da iniciativa propia
- Fórmulas burocráticas moi marcadas (renuncia ata 4 veces)
- Cando acaba o contrato, tan esperado por ela, o peor é que non pode irse pola súa finalización, senón que, como marcan os costumes, ela debe dimitir, explicándolle con razóns que a culpan; non pode ser culpa da empresa por tela maltratado, iso sería empeorar as relacións entre os países. Ela alega que a empresa deulle moitas oportunidades, pero ela non as puido aproveitar porque non ten capacidade.
- Ao final, cando vai despedíndose de todos e cada un dos xefes, a señorita Mori humíllaa ata non poder máis, facéndolle recoñecer que é unha retrasada mental, unha incapaz; o señor Saito síntese un tanto culpable; o señor Omochi tómao a risa e, o señor Haneda, o xefe supremo, é o máis comprensivo, recoñece que non lle deron oportunidades, dálle a razón. 

SOCIEDADE: 

- Extremadamente xerarquizada
- Control absoluto dos sentimentos; está mal visto manifestalos en público
- O maior índice de suicidios do mundo, por fracasos persoais ou laborais.
- Constante humillación cara á cultura occidental con factores racistas: cheiran mal, súan, posúen cerebros inferiores, etc.
- A obriga de todo xaponés é sacrificarse polos demais. Non obstante, non se che pode ocorrer que o teu sacrificio fará felices a aqueles polos que te sacrificas. Iso só lles permitirá non avergonzarse de ti. Non tes ningunha posibilidade de ser feliz nin de facer feliz a ninguén.

Imaxe recollida en partagelecture.com

A MULLER:

- Mal visto que esteas solteira aos 25 anos; vives coa vergonza. Só por causas motivadas polo traballo pode entenderse que a muller non casara.
- Mal visto que pasados os 25 anos nin casaras nin chegaras a un posto de alto rango na empresa.
- Poucas expectativas de felicidade para a muller xaponesa.
- Ser muller occidental é o peor que che pode pasar porque se consideran a todos os occidentais inferiores en todo; incluso retrasados.
- Fubuki é o símbolo da muller xaponesa con 25 anos amargada por non conseguir realizar ningún obxectivo marcado pola sociedade xaponesa.
- Fubuki, que vive na vergonza, humilla a Amelie de forma sexista e racista.
- A protagonista é maltratada psicoloxicamente pero chega á conclusión que é mellor non rebelarse pois sería peor ter que infravalorarse diante de todos.
- Cando un xefe lle bota unha tremenda reprimenda diante de corenta persoas a Fubuki, ela ten que baixar a cabeza e escoitar a humillación sen dicir nada; e logo vaise ao baño a chorar a pesar do mal visto que está isto, aínda que sexa na intimidade e fóra de todas as miradas.
- Fubuki non soporta que Amelie veña a consolala e a vexa chorar. É unha deshonra máis da cultura xaponesa. Cre que é unha vinganza de Amelie e entón castígaa a lavar os lavabos.
- Amelie aprende a calar porque se fala na súa defensa, ofende a Fubuki, que era a súa xefa superior, e se supón que é a que ten que ensinarlle todo este tipo de actuacións da sociedade e a empresa xaponesa.
- Amelie serve os cafés segundo os costumes xaponeses e falando xaponés e iso ofende aos empresarios porque ela non é xaponesa. A partir de entón o señor Saito obrígalle a esquecer o xaponés.
- Amelie ten preocupación polas relacións entre os belgas e xaponeses, e é unha deshonra non rematar o contrato dun ano.
- Ela toma a iniciativa de ir cambiando as follas dos calendarios e repartir as cartas a cada departamento, pero tamén llelo prohiben por tomar a iniciativa.
- O señor Tenshi é o único que a ve cualificada e entón ofrécelle un traballo, facer un informe. Ela faino con moito esmero pero a empresa ao saber que non o fixo o xefe senón que o fixo ela rífalle ao xefe e nunca máis volven a ter o máis mínimo contacto.
- O único que sabemos del é que decide non ir aos lavabos onde limpaba Amelie por solidariedade con ela.
- A señorita Mori Fubuki, ao saber o sucedido con ese informe que realizara Amelie, ten envexa e a manda facer uns cálculos complicadísimos nun período concreto e non os dá feito para esa data, quedando novamente en ridículo.
- Cando ao final do contrato Amelie despídese de Fubuki esta rise a gargalladas cando lle escoita dicir que podería ensinar francés, ignorando o seu título de profesora polo simple feito de non ter correspondido ideoloxicamente aos requirimentos da empresa e, polo tanto, de verse en descenso; de contable a limpadora dos servizos. 
- Para Amelie, todas as belezas emocionan pero a xaponesa resulta aínda máis desgarradora. En primeiro lugar por ese aspecto de lis, eses ollos suaves, ese nariz inimitable, eses labios de contornos tan debuxados, esa complicada dozura dos trazos xa bastan para eclipsar os rostros máis logrados.
- Tamén fala de que os modais das mulleres xaponesas as estilizan e as converten nunha obra de arte que vai máis alá do racional. E tamén, porque unha beleza que sobreviviu a tantos corpiños físicos e mentais, a tantas coaccións, abusos, absurdas prohibicións, dogmas, asfixia, desolación, sadismo, conspiración de silencio e humillacións, unha beleza así constitúe un milagre de heroísmo.
- Amelie admiraba primeiro á súa coidadora de nenos e logo á súa xefa.

PERSONAXES
AMELIE:

- É unha muller calmada; ao principio adora o país nipón porque é o seu país natal, pero despois de vivir os seus costumes cambia de opinión. A experiencia faille ver á sociedade que tanto adoraba como unha sociedade escrava de si mesma, xa que os homes están escravizados no seu traballo, e as mulleres están escravizadas a non deshonrarse, cousa bastante complexa xa que as normas se contradín.
- Ten un carácter gracioso e irónico. Sabe atopar o coñecemento máis profundo que esconden as situacións nas que se ve implicada. É comprensiva, entende porque a xente se comporta desa maneira, porque sabe como son educados.
- Ten moita paciencia, sabe aguantar as situacións máis humillantes. É astuta non se rebela porque pensa nas consecuencias polo tanto non é impulsiva, senón que primeiro pensa, logo actúa. Ademais, fáltalle xenio para rebelarse, iso fai que acabe absorbida polo absurdo das situacións.
- Sempre está marcando como narradora características e enfatizando a diferenza que existe entre o que ela considera unha amiga, un posto e relacións de traballo co que Fubuki lle bota en cara.
- Canto máis hostil é o seu traballo máis fermoso é o seu edén mental, ensimésmase para manter a compostura ata o final da novela onde non vemos máis ca unha muller que non cambiou radicalmente, senón que aprendeu diso e tomou o necesario para continuar. En todo momento atopou que podía xustificarse pero sabía que sería reprimida por apelar a palabra dun superior, nunha cultura diferente á súa.
- O feito de escribir esta novela demostra que Amelie necesitaba explicar a súa dura experiencia, pero tamén é unha vinganza cara á sociedade nipona. Esperou a saír do país e publicar a novela e enviarlla á señorita Mori.

Imaxe recollida en bibarnabloc.cat
FUBUKI MORI:

- Fisicamente é unha beleza de muller, a beleza oriental que poucas posúen. Amelie admira o seu aspecto, nalgunhas ocasións parece namorada dela.
- Por dentro esta xaponesa non ten vida, ten costumes estúpidos que hai que seguir ata a morte. Esconde os seus sentimentos a base de mal xenio. É desconfiada. Está moi metida no seu traballo, demasiado. Tal vez para compensar o ser solteira aos 25 anos
- Gústalle humillar a Amelie talvez para sentirse superior. É cruel. Só ao principio mostra algo de simpatía e quizais tamén ao final cando lle manda unha nota en xaponés de felicitación. Ao enviarlla en xaponés demostra que naquel momento valora a Amelie, que cre nela e que, dalgunha maneira, se reconcilia e pide perdón.
- Non é compasiva. O traballo endureceuna aínda máis do que endurece a educación xaponesa. É loitadora, intransixente e traballa para conseguir o que quere.
- En cuestión de amor, non busca un home para querelo, senón un home que estea ao seu nivel social e que sexa correcto, que siga á perfección as normas do home nipón. Os sentimentos son o de menos, xa que unha muller non ten que dar amor ao seu marido.

O SEÑOR SAITO: 

- É un home meticuloso. Cando Amelie entra na empresa, dálle unha lección para que vexa como son as cousas na empresa, unha lección de submisión: pídelle que faga fotocopias de mil páxinas, unha por unha, e se non o fai ben ten que repetilas. Pero xa antes, nada máis chegar, mándalle redactar unha carta para dicir que asistirá a un acto privado doutra persoa e non lle dá explicacións de quen son esas persoas. Mándalle repetir todo o día o mesmo sen saber que é o que ten que cambiar.
- Ten un carácter duro e intransixente; severo. Para el o primeiro é a honra e logo ven o traballo.

O SEÑOR TENSHI:

- É un home compasivo que se sae das normas, xa que lle dá unha oportunidade a Amelie. Pero non ten o suficiente valor para enfrontarse ao seu superior cando lle están rifando, xa que iso significaría enfrontarse tamén cunha sociedade de valores moi ríxidos; por iso soubo manterse no seu posto.

O SEÑOR OMOCHI: 
- Fisicamente, é un home gordo debido á gula que padece. Por dentro ten mal xenio, cando se enfada dá medo. Pero nos ratos de bo humor todo lle dá igual.
- É un home recto, orgulloso e arrogante. O poder faille sentir superior. Non é nada compasivo nin comprensivo cos erros que se poidan cometer.
- Non lle dá nada de importancia á marcha de Amelie, porque para el, ela non conta nada. Para el as persoas non son importantes. O importante é o traballo que elas fan.

O SEÑOR HANEDA:

- É unha das persoas máis humanas que hai na empresa, e tamén a máis importante.
- Aínda así, el tamén vive seguindo as normas cívicas niponas.
- É compasivo, de bo carácter, pero iso non quere dicir que sexa inxenuo. Que sexa o director da empresa demostra que ten experiencia, é maduro e responsable. É cordial, non ten mal xenio. É compasivo.


SINOPSE

- Esta novela xerou case un conflito diplomático entre Francia e Xapón pola visión cruel da sociedade. Con só 5 personaxes coñécese a toda a sociedade nipona.Está baseada nunha historia real, autobiográfica. É unha vinganza. Cando sae do país conta o sucedido e ademais ten moito éxito.
- É un libro aparentemente breve, sinxelo, pero trata o tema con profundidade. Encarna tenrura e sinceridade pero con crítica mordaz, excentricidade e ironía e humor.
- O libro non está estruturado en capítulos.
- É un libro surrealista con certo humor que alivia ou potencia o dramatismo das escenas.
- O título fai referencia á fórmula que explica como debe presentarse un súbdito ante o Emperador do Sol Nacente: con estupor e tremores. E para a autora é un resumo de toda a sociedade xaponesa.
- A novela é aparentemente inxenua, como a protagonista, pero é moi ácida e mordaz.
- Presenta situacións tan surrealistas no mundo do traballo que as veces non se pode evitar rir pese a todo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario